O último disco de Marful achégase ás cidades do sur do país. Ourense e Vigo acollerán hoxe xoves e mañá venres a presentación do Manual de Sedución,  disco editado no outono de 2010, coa banda ao completo, -sexteto-. E fano despois de ter tocado nestes dous anos nos mellores auditorios de Galiza. E tamén de Portugal, até o punto de ser a primeira banda galega en tocar na Casa da Música do Porto. 


Por fin chega á cidade o último disco de Marful, revolucionaria banda da música galega que chegará coa súa formación de sexteto para ofrecer un concerto inesquecíbel o vindeiro xoves 15 de outubro a partir das 20:30 en Ourense e o 16 en Vigo nos seus respectivos auditorios. O disco conta cun tema dedicado á cidade "De Vigo Vuelvo" no que o grupo fai un repaso dos tópicos e os recunchos que namoran da cidade olívica. As entradas custan 8 € e os concertos son coa banda ao completo (sexteto).

Desde a súa presentación no outono de 2010, o “Manual de Sedución” de Marful percorreu os mellores auditorios de Galiza e Portugal, onde foi o primeiro grupo galego en entrar no templo da música portuguesa: a Casa da Música de Porto. E foron exemplo de xestión cultural ó reinventarse a si mesmos con a Xira Surreal por pontos arquitectonicamente e patrimonialmente importantes do noso pais galego. Uniron arquitectura, música, patrimonio e gastronomia nunha xira que durou meses e que serviu de educación ós públicos a administración e ó oficio musical.

Marful son Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinetes). Neste concerto faranse acompañar de José Manuel Díaz ao contrabaixo e Leandro Deltell á batería. As entradas custan 8 euros e están xa disponíbels na billeteira do Auditorio.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.