Crecente é o título do álbum de debut da formación Mel de Meiga, o novo proxecto musical de Eva Carreras. A cantante, coñecida por ter participado no programa televisivo Operación Triunfo, vira a súa carreira cara ao folc cun grupo no que conta con antigos músicos de MutenRohi.


De feito, canda a ela forman Mel de Meiga Carlos Campos “Kakus”, Iván Salgado, Pablo Dalama, Loren Tabarés, Leonel Vignola e Luis Manuel Pérez. O seu primeiro traballo, editado por Inquedanzas Sonoras, presenta dez temas nos que predomina o folc de raigame celta e forte compoñente vocal, zarrapicado dunha esencia pop, tanto na instrumentación coma na feitura dos temas.

Gravado nos estudios Nocturnal Records de Ourense, o proxecto conta con colaboracións do gaiteiro Anxo Lorenzo, o percusionista David Outumuro e o quinteto de corda Aurum Ensemble.

 O vindeiro 24 de novembro no FNAC da Coruña, Mel de Meiga ofrecerá un concerto que servirá de presentación ao disco. Polo agora, temos que nos conformar con escoitar estes petisquiños que a banda subiu á rede.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.