Despois da existosa xira do regreso do pasado verán, Javi Maneiro, Tuchiño, Fran Velo e Tonhito de Poi seguen a presentar en varias cidades galegas o DVD 20 aniversario publicado en xuño coa gravación íntegra do memorable concerto que os de Ribeira ofreceron o 3 de marzo en Ordes. Os Heredeiros da Crus asinarán exemplares deste DVD e do resto da súa discografía este martes, 11 de decembro, a partir das 20:00 no bar Mercromina de Compostela (rúa de San Pedro,9). O xoves o acto terá lugar ás 21:00 na sala La Iguana, en Vigo (r/Churruca, nº14). Nos dous casos a entrada é de balde até completar aforo. Tanto en Compostela como en Vigo ademais de atender aos fans e aos medios de comunicación, os Heredeiros da Crus ofrecerán un pequeno concerto acústico interpretando en directo algúns dos seus temas máis coñecidos e, se hai sorte, adiantarán algunha novidade sobre o seu próximo disco (o noveno da súa discografía e o primeiro inédito despois de oito anos), que segundo anunciaron hai uns días, publicarán en 2013.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.