En GZmúsica tivemos a honra de colaborar co proxecto de crowfounding de Fernando Barroso e Luis Peixoto, Pop, que felizmente chegou a bo porto coas achegas de 217 mecenas que, -igual ca nós-, contribuíron até un total de 4.901€ no financiamento deste disco. Hoxe na nosa caixa do correo tiñamos a ligazón para a descarga da versión dixital do traballo e nuns días, -cando o estrambótico carteiro da nosa parroquia queira-, teremos tamén a versión física do disco. Por certo, Peixoto&Barroso estarán apresentando o traballo a vindeira terza feira 19 de decembro na Regueifa de Vigo ás 19h, e tocarán un par de temas ao vivo.

Axiña vos falaremos máis do traballo...só podemos dicir que GUSTAMOS moito da primeira escoita!


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.