Alumnado da Escola Livre da MPG, xestionada en Compostela polaCentral Folque, viaxa esta semana a Dublín para participar no Temple Bar Trad Fest , o festival celta de inverno máis importante de Irlanda, onde tocarán o sábado 26 de xaneiro na Christchurch Cathedral, o edificio máis antigo da capital.


Despois da estrea mundial en Sligo hai un ano no Celtic Fringe Festival ante máis de 800 persoas,  este concerto terá lugar na catedral do século XIII nun espectáculo con baile, música, narración e entusiasmo de máis de 50 músicos novos de Irlanda e Galicia que forman a Ceol na Nog Sligeach Orquestra que estrearán a suite orquestral nunha mistura de músicos tradicionais irlandeses e galegos con músicos de formación clásica.

Así foi a estrea da De Cuellar's suite no 2011:



A expedición galega contará con percusión tradicional, zanfonas, requintas, gaita, voces e gaita, especialidades todas impartidas na Escola Livre da MPG d'aCentral Folque.

Ademais da suite, unha banda escollida do alumnado da Escola Livre da MPG dará un concerto de música galega o mércores 23 de xaneiro nun evento especial na Casa do Concello de Dublín en conmemoración da presidencia de Irlanda da UE neste semestre.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.