Agora si, traballiño nos costou mais xa estamos aquelados para dar o chimpo á TV. Comezamos a emisión o vindeiro venres 8 de marzo, ás doce da noite, co primeiro programa de GZmúsica TV. A nosa disco-tasca particular, un programa sobre a cultura musical galega, con entrevistas, crónicas de concertos e presentacións de novidades discográficas.

Así foi como se fixo este primeiro programa.

E se non a viches aínda, bótalle un ollo á nosa cabeceira.

Cada venres ás 00:00h, -con reposición os domingos ás 23:30h, achegarémosvos as novas da nosa música. E se non podes ver Vía TV, -a TV cobre amplas zonas da provincia de Pontevedra-, non te preocupes. Tamén semanalmente iremos colgando na rede os programas.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.