Heredeiros da Crus comezan a gravación do seu novo disco, que se publicará antes do verán. O traballo, o noveno na carreira discográfica de Heredeiros, estará producido polo produtor español Juan de Dios Martín, que xa ten traballado con artistas como Amaral, Bunbury, Xoel López ou Barón Rojo. As sesións de gravación comezan esta semana na Coruña, case dez anos despois da última vez que o grupo de Ribeira .pasase polo estudio.

É un dos acontecementos máis esperados do panorama musical galego neste 2013, e xa empeza a coller forma: o novo disco de Heredeiros da Crus comezará a gravarse esta semana, publicarase antes do verán e estará producido por Juan de Dios Martín, un dos mellores produtores españois.

Será o noveno disco -o oitavo traballo de estudio- da carreira discográfica de Heredeiros da Crus, unha das bandas máis prolíficas do país, e sen dúbida todo un referente para a historia do rock en galego. O ano pasado publicaron o DVD do concerto que ofreceron en marzo de 2012 con motivo do seu 20 aniversario, pero había nove anos que os Heredeiros non publicaban un disco de estudo (Chicarrón, 2004), polo que a expectación polos novos temas da banda de Ribeira é máxima.
As sesións de gravación deste novo disco, que sairá á venda antes do verán e incluirá máis de 10 temas totalmente inéditos e orixinais, comezarán esta mesma semana nos estudos Bruar da Coruña, onde se gravarán as bases. O resto da gravación realizarase nalgún lugar do Barbanza aínda por concretar. O que é seguro é que tanto a música como as letras do disco serán, segundo os propios Fran, Tonhito, Javi e Tuchiño, "100% Heredeiros".
Para conseguilo, os Heredeiros contan cun dos mellores: Juan de Dios Martín, un dos produtores musicais máis coñecidos e respectados de España será o encargado de dirixir esta nova aventura desde a cabina de son. O tamén músico coruñés, produtor de discos de alcance internacional como os últimos traballos de Amaral, Xoel López, Enrique Bunbury ou Barón Rojo, confesa ter "moitas ganas" de traballar con Heredeiros da Crus.
A el súmase todo o equipo de Airapro, a produtora fundada polos actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, que continúa así co traballo de produción e representación artística e discográfica que iniciou cos de Ribeira en 2012, o ano no que "os máis jrandes" volveron aos escenarios despois de 8 anos separados nunha memorable xira que os levou aos principais festivais do país o pasado verán.
Como todo o que fai a banda de Ribeira, que pode presumir de contar cunha das maiores e máis fieis lexións de fans de Galicia, o seu novo disco está xenerando unha forte expectación nas redes sociais, onde desde hai uns días circulaban os rumores sobre os detalles do proxecto, e onde os propios Heredeiros darán conta de todas as novidades sobre o proxecto, incluídas.


AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.