No ano 1998, Fame Neghra sacaba o seu primeiro LP, O neno carburador, gravado a comezos dese ano nos estudios Fussión de Vigo. 15 temas que camiñan entre o punk-rock que practicaba a banda na altura, o power pop e o garage cara ao que camiñarían despois os seus integrantes noutros proxectos como Samesugas e The Homens e o hardcore das primeiras maquetas dos propios Fame Neghra. Agora, 15 anos despois, Lixo Urbano subiu ao seu bandcamp este disco, referencia inexcusable do rock galego de finais do século XX. Escóitao no interior do artigo.

E non só este LP dos Fame Neghra. O bandcamp de Lixo Urbano contén varios traballos interesantes de bandas como Samesugas, The Brosas ou Fulsomes. Mais hoxe préstanos traervos este discazo dos composteláns Fame Neghra, un dos mellores traballos da década dos 90 no rock galego. Xulgade vós!

{fcomments}

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.