O cantautor compostelán Xosé Constenla editou o seu terceiro traballo discográfico gravado en directo o pasado 28 de xuño no Salón Teatro e sae á luz en formato doble CD e DVD. Titulase SINECISMO e supón o segundo rexistro de Setestrelo Editora. No disco colaboraron as produtoras audiovisuais Picnic Ideas Felices e Tingalaranga, así como o Servizo de Producións e Arquivo Sonoro da CRTVG.


O CANTAUTOR XOSÉ CONSTENLA PRESENTA O SEU TERCEIRO DISCO TÍTULADO “SINECISMO”

Para esa ocasión reuníu unha banda de músicos de recoñecido prestixio formada por Leo Gianetto (guitarras), Javier Constenla (teclados), Kike Calzonetti (baixo) e Rober Vázquez (batería). No concerto fixo repaso dos seus dous discos anteriores e presentou 9 temas inéditos, resultando finalmente 16 cancións.

Ademáis, contou coa participación de artistas convidados que significan unha referencia na súa carreira musical. Entre eles, destaca o cantautor madrileño Javier Bergia –con 13 discos gravados en solitario e habitual colaborador de Ismael Serrano- e Litus –cantante e compositor catalán que está a ter un importante éxito no panorama musical español-. Para esa ocasión tamén contou coa presenza de artistas galegos como os cantautores Roberto Sobrado e César de Centi ou o frautista do Taller Atlántico Contemporáneo e da Real Filarmonía de Galicia, Luis Soto.       

Xosé Constenla pretendeu conxuntamente provocar un sinecismo a modo de acicate espontáneo ou “faísca” que estimule a creatividade social consecuencia de convivir xunto a outras persoas, nunha noite máxica e inesquecible.

Agora, presentará este novo traballo polas principais vilas e cidades do país cunha formación trío acompañado por Javier Constenla nos teclados e Rober Vázquez  na batería. Comezará o vindeiro 16 de xaneiro no propio Salón Teatro de Compostela.


{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.