Dakidarría quenta motores para o 2014. Despois do seu paso polo Castañazo Rock en novembro, preséntannos agora o videoclip de '1000 berros' que gravaron ao vivo en Chantada. Sairá o día 16 de xaneiro mais xa subiron á rede un adianto e a cousa promete. Ademais en febreiro comezan en Vigo a segunda xeira de datas de '10 anos da rúa', xira que os levará por todo o estado festexando o décimo aniversario da súa andaina.


Estrea de '1000Berros', 16 de Xaneiro

Tras a gravación o pasado mes de novembro no Festival Castañazo Rock (Chantada), do novo videoclip de Dakidarría en directo, toca presentalo. Trátase dun tema tirado do seu álbum “Realidades alienantes…”, o '1000Berros' e a estrea será este mes de xaneiro, concretamente o xoves 16. Como anticipo, adiántannos un breve teaser.

Primeiras datas confirmadas para a xira “10 anos na rúa”

 Dakidarría retoma a xira de celebración do seu décimo aniversario, a cal finalizará este ano para dar paso a novos proxectos na traxectoria da banda. Como avance, confirman as primeiras datas de “10 anos na rúa”

  • 15 febreiro - Vigo - Sala Master
  • 14 marzo - Salamanca - Irish Rover
  • 15 marzo - Madrid - Sala Hebe
  • 25 abril - Murcia - Garaje Beat Club
  • 26 abril - Valencia - Sala Ágora Live
  • 23 maio - Catalunya
  • 24 maio - Catalunya

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.