Os músicos de Xacobe Martínez Antelo Trío inician o próximo día 1 de febreiro unha xira por diversas localidades españolas. Composicións, interaccións e, sobre todo, grande calidade nas improvisacións no contrabaixo do propio Xacobe Martínez, a batería de Max Gómez e o saxo alto de Rosolino Marinello poderán verse en concertos da xira Girando Por Salas (GPS) e noutros fóra dela ata o día 7 do mesmo mes.


Nesta ocasión, Xacobe Martínez presenta 9 temas orixinais en formato trío, cunha instrumentación xenuinamente jazzística: saxo, batería e contrabaixo. O peculiar deste trío é a ausencia de instrumento harmónico, o que dota aos músicos dunha maior liberdade e responsabilidade, a todos os niveis. Conta nesta ocasión con Rosolino Marinello no saxo alto e Max Gómez á batería.

Así, o sábado 1 de febreiro poderemos ver ao Trío no Café Dam, Xixón (21h30, cunha entrada a 3 euros) nun concerto dentro do circuíto Girando Por Salas (GPS) 2014. O día seguinte, o escenario será A Campá dos perdidos, en Zaragoza ás 20h e a 8 euros a entrada con dereito a unha consumición).

Xa o luns 3 de febreiro chegarán ao JazzSi Taller de Musics, Barcelona (20h30, cun concerto do ciclo GPS) para o mércores 5 actuar na Bogui Jazz, Madrid (22h, 6 euros anticipada e 8 euros na billeiteira) (tamén dentro de GPS). Pola súa banda, o xoves 6 de febreiro o Trío dará un concerto na Sala Mercantil, Badajoz (23h, con entrada gratuíta).  A xira remata o venres 7 na Sala Guirigai, Os Santos de Maimona, Badajoz, cun concerto do circuíto GPS ás 21h30.

Respecto á música

Sobre composicións, orixinas, garántese unha “entrega concienzuda e apaixonada ao jazz, á improvisación, á interacción, á creación colectiva, ao respecto á música”, indican os membros do grupo. Ademais, a esixencia nesta ocasión é a de ser “máis músico que nunca, e maior improvisador que nunca”, afirman. O repertorio xoga tamén neste disco un papel fundamental, xa que sitúa aos músicos en contextos moi distintos e ata extremos entre si.

O músico compostelano Xacobe Martínez Antelo -aínda que mozo- conta con máis de 20 anos de experiencia no mundo da música. Aínda que en 2009 presenta unha nova formación ao seu nome, tamén con traballo discográfico incluído, que dá pé a numerosos éxitos de crítica e público que o levaron, entre outros, a formar parte do Girando Por Salas 2014.


{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.