Borderline 79 son un grupo de metal alternativo da Arousa que vén de presentar o seu proxecto en verkami.com. O obxectivo é ter a posiblidade de editar o seu primeiro disco, o EP 'As raíces da revolta', no que se inclúen boa parte dos temas que veñen tocando ao vivo nos últimos anos. Os arousáns teñen até os primeiros días de marzo para acadaren os 1.000€ precisos para facer a masterización e edición física do traballo.


Borderline 79 son unha banda ben noviña da comarca do Salnés que se deron a coñecer no Revenidas 2013, actuando na primeira xornada do festival arroupados polo Leo, que seica compartiu aulas con algún deles.

Agora, queren cumprir a ilusión de editar o seu primeiro EP, 'As raíces da revolta', que, segundo eles, é un punto de partida dende o que mostrar a evolución do grupo desde que se formou até o presente, intentando dar a entender cal será a súa liña continuadora nun futuro. As letras deste álbum tratan de amosar, dalgunha maneira, as raíces da situación de malestar social que estamos a vivir, na que vemos que se está a xestar un cambio importante entre o pobo. Música e letra combínanse nunha evolución paralela en forma de manifesto no que queremos facer presente a necesidade de que a xente se erga e loite. De aí o título dun disco que sempre se deberá ver en perspectiva de futuro.


Pois xa sabedes, 40 días para apoiardes este proxecto, -se vos presta, claro-, desde 1 euriño até 1000€ tedes todo un abano de opcións para facer a vosa achega.


{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.