Terbutalina está a rematar o seu novo traballo. Do disco xa coñecemos a capa e mais a data de presentación. Será o 7 de marzo na Capitol, onde escoitaremos o que é xa o sexto traballo dos de Muros, gravado no Estudio A Ponte de Compostela por Tomás Ageitos e que supón unha evolución na liña creativa de Terbutalina, segundo afirman estes monógamos e promiscuos músicos das Ría Baixas.

4 anos escasos de vida, concertos en salas, festivais  e torreiros de todo o estado. 5 discos publicados até o de agora -accesibles de balde na súa web- que non contan con edición física. E agora no 2014 publican o seu último traballo até a data: A muerte.



Estas dez novas cancións supoñen unha evolución na liña creativa da Terbutalina e dan forma á rabia, ao entusiasmo e á decepción. O seu sexto traballo mantén e incrementa a intensidade e a actitude propia dos seus anteriores traballos, mais a composición e as melodías gañan peso e fondo.
A muerte foi gravado nos estudios A Ponte (Niño y Pistola, Das Kapital, Cró!) baixo a observación e a dirección orquestral do grandísimo Tomás Ageitos. O deseño da capa corre, como é marca da casa, por conta de Arinspunk.

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.