Chegou o día. Hoxe venres 7 de febreiro a Familia Caamagno -acompañada polos Yakuzas- presentará na Sala Capitol de Compostela o seu novo disco. Gravado en analóxico e co grupo tocando en conxunto, Hai que andar cos tempos!  é o resultado da busca deliberada do son do rock'n'roll dos 60 polos de Sigüeiro. Escóitao no interior do artigo e pasa se podes pola Capitol esta noite. Vaiche pagar a pena.

 

A Familia Caamagno anda cos tempos. Muda o vestiario da época da Gran Depresión polo estética sixty. Vai até Asturias, a Circo Perrotti, e grava en analóxico e tocando todos á vez, na procura dun son que acada toda a súa expresión na edición en vinilo que edita Lixo Urbano.

A estrea desta evolución da Familia vai ser hoxe, na Capitol, e a canda eles subirán ao escenario os madrileños Yakuzas. A banda española estivo xa no Psicotroita e alí cativou co seu directo e trabou amizade cos Caamagno, que agora os convidan de volta ao país.

O EP pódese mercar en CD ou vinilo e tamén está xa dispoñible na rede, despois de que os Caamagno fosen subindo os temas estes días ao seu bandcamp. Aquí o tes, pégalle unha escoita.

Por certo, a fonte de onde sacamos toda a información deste artigo é a entrevista que Ada Seoane lles fixo hai un par de días aos Caamagnos no Compostimes. Nela explican a súa evolución...e tamén nos contan quen anda realmente cos tempos.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.