'Yeah!' é o suxerente nome do primeiro traballo do Colectivo Bomba, un combo musical con base en Monforte de Lemos que camiña pola fusión de estilos enfocada cara ao baile e o "borollismo". Gravado nos estudios "Clandestinos" de Pontevedra tras un primeiro ano de andaina moi intenso -deron até 26 concertos no 2013-, será presentado este sábado no Casino Ateneo da capital da Terra de Lemos.


Colectivo Bomba preséntase este vindeiro Sábado día 22 de Febreiro cun dobre concerto para presentar o seu primeiro traballo discográfico “YEAH!”. O disco contén 11 cortes gravados nos estudios “Clandestinos” de Pontevedra baixo a batuta de Txapu e Toñyto All Time. No traballo destacan as colaboracións de Albert de "Itaca Band", Aleko de "Planeta Lem" ou Juancho e Alberto de "Filobia". Son nas palabras do Colectivo Bomba "11 cancións que emanan baile, bo rollo e sobre todo un alento fresco e utópico referente a situación presente na que vivimos". Este disco foi mesturado por Alberto Cordero en Pulse Records de Ponteareas con gran mimo e esmero. Colectivo Bomba mostrará nun dobre concerto realizado no Casino Ateneo de Monforte(precioso edificio histórico da cidade), que inclúe un acústico ás 17.00h e un eléctrico ás 23.00h o traballo que vén de realizar tras un ano moi intenso onde a parte da grabación de “YEAH!” fixeron 26 concertos no seu ano de debut en festivais e salas de Galiza.

Despois desta primeira presentación, sairán a todo o estadoa presentalo nunca extensa xira homónima que rematará o vindeiro setembro. Será unha grande aventura para unha banda na que a filosofía menos é máis e o seu motor.


Podedes descargar “YEAH!” en formato dixital de balde en www.colectivobomba.com e tamén mercalo en formato físico na tenda da banda.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.