Discos da Máquina prepara un EP temático con cancións inéditas de todas as súas bandas. Monstros da Máquina Vol.I vai ser o título do primeiro EP temático que o selo cooperativo Discos da Máquina edite, con cancións inéditas de todas as bandas que forman parte do proxecto. Entre elas, a nova incorporación do selo Sub Rosa ou outras como Grampoder ou Ataque Escampe. Estas 3 formación anuncian, ademais, novos traballos individuais para a primavera.


O primero disco colectivo do selo será unha colección de sete temas baseados en personaxes tan diversos como Antoine de Sant-Just, a cadela Laika, Lance Armstrong ou Apóstolos Mangouras, figuras que marcaron (ou non) fitos históricos. A saída do EP está prevista para o final da primavera. O disco finánciase en parte coas achegas das persoas que asistiron aos concertos que Discos da Máquina organizou en Compostela o pasado mes de decembro.

Podes facer a reserva do EP enviando un mail a Discos da Máquina Reserva xa o teu EP

Sub Rosa súmase ás bandas de DdM
Discos da Máquina suma un novo integrante coa incorporación de Sub Rosa, un grupo que abre os límites da electrónica mesturándoa con post-rock e experimentación. Con instrumentos acústicos e electrónicos ao vivo, Sub Rosa aposta por un directo cargado de experiencia sensorial, cos músicos ocultos baixo o manto da vídeo-arte. Sub Rosa editarán o seu primeiro disco con Discos da Máquina a finais de abril.
Grampoder e Ataque Escampe, ás voltas cos seus novos traballos
Despois da edición en 2013 do seu LP Golf Whiskey, Grampoder preparan a saída para esta primavera dun novo traballo, desta vez en formato single. Tigerland vaise gravar no estudio A Ponte, en Roxos, e contará con dúas cancións máis eléctricas e sucias que as do anterior disco. Pola súa banda, Ataque Escampe entraron a principios de marzo no estudio para rexistrar o seu quinto álbum. O traballo grávase nos Estudios Abrigueiro, en Friol. O disco editarase contra o mes de maio.

{fcomments}

Monstros da Máquina

Discos da Máquina prepara un EP temático con cancións inéditas de todas as súas bandas

Monstros da Máquina Vol.I vai ser o título do primeiro EP temático que o selo cooperativo Discos da Máquina edite, con cancións inéditas de todas as bandas que forman parte do proxecto. Será unha colección de sete temas baseados en personaxes tan diversos como Antoine de Sant-Just, a cadela Laika, Lance Armstrong ou Apóstolos Mangouras, figuras que marcaron (ou non) fitos históricos.

A saída do EP está prevista para o final da primavera. O disco finánciase en parte coas achegas das persoas que asistiron aos concertos que Discos da Máquina organizou en Compostela o pasado mes de decembro.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Sub Rosa súmase ás bandas de DdM

Discos da Máquina suma un novo integrante coa incorporación de Sub Rosa, un grupo que abre os límites da electrónica mesturándoa con post-rock e experimentación. Con instrumentos acústicos e electrónicos ao vivo, Sub Rosa aposta por un directo cargado de experiencia sensorial, cos músicos ocultos baixo o manto da vídeo-arte.

Sub Rosa editarán o seu primeiro disco con Discos da Máquina a finais de abril.

Grampoder preparan novo single

Despois da edición en 2013 do seu LP Golf Whiskey, Grampoder preparan a saída para esta primavera dun novo traballo, desta vez en formato single. Tigerland vaise gravar no estudio A Ponte, en Roxos, e contará con dúas cancións máis eléctricas e sucias que as do anterior disco.

Ataque Escampe, no estudio para outro LP

Ataque Escampe entraron a principios de marzo no estudio para rexistrar o seu quinto álbum. O traballo vaise grávase Abrigueiro, en Friol. O disco editarase contra o mes de maio.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.