Sés estivo a presentar Co xenio destrozado por Madrid hai uns días. Entrevistas, concertos en pubs e para pór o ramo, unha actuación nos Directos de Radio 3. Non é habitual ultimamente que desde o estado presten atención ás músicas que facemos no que eles chaman "periferia", mais a María Xosé rachou con esa seca cunha actuación memorable. Eis o vídeo do seu concerto que emitiu onte á noite La2, por se non deches aguantado a noite pasada até a súa emisión.

Sés e banda andaron por Discópolis, por Diario Crítico, actuaron na Moby Dick e gravaron un concerto para Radio 3 nunha semana intensa en España a finais de febreiro. Onte á noite, La2 emitiu o directo de Sés e banda, e xa o subiron á sáu web. Velaquí o está:





{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.