Berrogüetto anuncia as datas da súa xira de despedida. 5 das grandes cidades do país, todas agás Ferrol e Pontevedra, recibirán durante o mes de xuño a derradeira xira do grupo folk despois de 18 anos en activo. A andaina comeza en Ourense e remata na cidade de Vigo. Ao igual que fixeran para anunciar a súa despedida, unha breve nota na súa web, despois compartida nas redes sociais, foi o método escollido para lles dar a coñecer aos seguidores a xira.


Nos vindeiros días colgarán nas redes sociais o prezo das entradas e o xeito de conseguilas. Polo de agora só confirman as datas, que son as seguintes:


DOMINGO 1 DE XUÑO OURENSE. Teatro Principal
DOMINGO 8 DE XUÑO COMPOSTELA. Auditorio de Galicia
XOVES 12 DE XUÑO A CORUÑA. Teatro Rosalía
VENRES 20 DE XUÑO LUGO. Auditorio Gustavo Freire
DOMINGO 29 DE XUÑO VIGO. Teatro García Barbón

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.