NAO publica hoxe ás 18h o seu novo EP, 'Cartas no caderno'. O novo traballo estará en apenas 2 horas na rede, en descarga gratuíta na propia web da banda. O EP nace despois de remataren a xira de 'Cancións de amor e liberdade' e dárense un descansiño para coller folgos e encetar de volta o camiño. O 26 de abril, Nao presentará o traballo oficialmente na Capitol cun concerto no que estarán acompañados dos Vicky Polard.

Esta tarde ás 18h os Nao soben á rede para descarga gratuíta o seu novo EP, que presentarán oficialmente o vinderiro 26 de abril na Capitol. Desde a súa propia web, somosnao.com, habilitarán unha ligazón para podermos descargar totalmente de balde o novo traballo. Unha vez rematada a xira "Cancións de amor e liberdade 2013" o grupo decidiu tomar un merecido descanso; parar, coller folgos e seguir de novo o camiño para desta volta emprender unha viaxe máis longa.  Aquí nace Cartas no caderno. Un caderno de bitácora co que mostrarse ao mundo, cartas para atoparse neste mundo. Son as cartas no caderno. A súa cura, coa liberación que supón ser o remitente e o destinatario. Socializar os conflitos para socializar as respostas. Neste caderno atoparedes cartas nas que pretenden baleirar as culpas, os medos, as penas... e cartas que foron recollendo de amigos que co paso do tempo os foron marcando. Eles estarán aí colaborando, acompañándoos con forza coas súas cancións nun caso e noutros coas súas voces, forza e compromiso.

Mentres contades os minutos para que chegue a hora e comece a nova revolución dos Nao, botádellle un ollo á promo que fixeron para o concerto de presentación do EP na Capitol, dentro de 2 semanas.


{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.