Os Diplomáticos de Monte Alto están moi activos neste 2014. Co gallo dos 20 anos do Bravú a banda coruñesa espreguízase e volve apañar os trebellos de facer ruído. Estiveron no Festival de Cans, tocando no Jaliñeiro e presentando novo videoclip. Eis os vídeos que dan proba das dúas cousas. Medra o mar e faino con forza, xuntando Vigo e A Coruña nunha soa cidade atlántica e chegando, case, até o alto do Confurco.


Os Diplomáticos están a lle dar pulo ao XX Aniversario do Movemento Bravú. Coa presentación do novo tema, e novo videoclip, Deitado frente ao mar, tocando na última semana en Cans e na Coruña ou protagonizando da man de Rodri Suárez a primeira biografía do rock galego, os de Monte Alto prenden a mecha do foguete que vai estourar en Sesións Bravús ao longo do país nos vindeiros meses. Velaquí os tedes, no Jaliñeiro de Cans, participando da tolemia colectiva do Festival de cinema.

E aquí está o novo videoclip, que presentaron precisamente na aldea da Louriña primeiro e uns días despois na Coruña, a canda o novo libro de Rodri Suárez, Non temos medo. A Coruña e Vigo convertidas nunha soa cidade atlántica. Que rabeen os repunantes!

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.