A banda eonaviega está inmersa nunha xira que os leva hoxe, martes 17, á Casa das Crechas de Compostela. Será ás 20:30h e de balde, presentando o seu novo disco, 'Alorias', que xa soou en Ovieu e na Veiga, en Asturias, e en Ribadeo a pasada fin de semana. 'Alorias' é un EP de 5 temas, onde Os Folkgazais recuncan no seu estilo, inspirado nas primeiras agrupacións que no occidente asturiano e na Mariña de Lugo achegaron os ritmos latinoamericanos aos torreiros das festas. Escoita 'Deixame ir contigo', un adianto do traballo.

Os Folkgazais presentan novo traballo, gravado a finais de marzo, nos Estudios Acme de Avilés baixo a produción de Miguel Herrero. É un EP con 5 novos temas que inclúen ritmos como o swing, blues, balada, fox-trop ou rock and roll primixenio. Seica son 'Alorias' (cousas inventadas, lilainas) e para elas contaron coa colaboración entre outros de: Ugia Pedreira (Marful), Michael Lee Wolfe (Asturiana Mining Company), Gustavo Pérez (Blues and Decker), Laurie Leon (Suadel) e Aitor Herrero (Alexandra in Grey).
Ademais destes novas cancións, Os Folkgazais presentarán unha revisión dos temas senlleiros dos dous discos anteriores con novos arranxos musicais, alén dunha mudanza estética e posta en escena máis elaborada. Un espectáculo de arredor de dúas horas que mostra case a práctica totalidade de ritmos bailables dos anos 50 como: Swing, Fox-trop, Mambo, Bolero, Cumbia, Ranchera, Habanera, Cumbia, Corrido, vals, etc. Temas propios e versións de orquestinas asturgalaicas dos anos 50, co nexo común do uso do galego de Asturias á hora de cantar.

Déixame ir contigo

{music}images/stories/descargas/folkgazais{/music}

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.