Os Transilvanians andaron de xira por Europa adiante. No verán, finais de xullo e comezo de agosto. Dúas semanas intensas que deron para eles visitaren Francia, Alemaña, Holanda, Bélxica e Euskal Herria. Velaquí un excelente documentario que reflicte en 21 minutos o que foi a xira. Concertos, furgo, bo ambiente e a paixón polo ska dun grupo de tolo capaz de se embarcar nunha aventura musical dese calado. E que veñan máis! Ah, e a banda ten novo disco, escoítao no artigo.


Na xira, soaron xa os temas do seu novo traballo, editado a mediados deste mes de setembro. Aquí o está!


{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.