A Asociación de Músicos ao Vivo vén de facer público o Premio Honorífico da Música deste ano. Os elixidos foron N.H.U. Grupo de rock progresivo dos 70, que con este premio sae do esquecemento no que caera nos últimos anos. Para alén de ser, -xunto a Goma 2-, unha das primeirísimas formacións de rock en empregar a lingua galega, N.H.U. foron uns adiantados ao seu tempo que gravaron un único disco que hoxe é peza de coleccionista.


Os prazos dos Premios Galegos da Música vanse cumprindo e despois de rematar o tempo de apresentar candidaturas -máis de 300 finalmente este ano-, e abrir o período de votacións entre @s asociad@s, Músicos ao Vivo presentou a súa escolla para o Premio Honorífico 2014. O galardón que o ano pasado levou Peri, batería dos Tamara, recae este ano nunha inxustamente esquecida banda dos 70. Os N.H.U. -polos que pasaron Emilio Cao, Xoán Piñón, Cuchús Pimentel na etapa derradeira,etc- son sen dúbida unha das mellores bandas galegas do século XX.


A banda xorde no colexio Manuel Peleteiro de Compostela en 1972, onde Xosé Ferreiro e Roberto Abal, -membros do grupo pop Los Trucos-, deciden montar un grupo paralelo xunto a Antón Porteiro, Ricardo Máiz e Emilio Cao. A banda, primeiramente Question e despois dunha fermosa madrugada de 1973 N.H.U., ultrapasou o pop domeante na altura e camiñou cara ao rock progresivo, con influencias de King Crimson, Yes ou Zappa. E como esta non era música de masas, tiñan un outro repertorio para as vodas e verbenas en que tocaban arreo para financiar instrumentos, etc.

Sesións de ensaio decote, concertos con moita expectación e finalmente un disco homónimo gravado no 78 en Madrid -para o que non cederon as pretensións da discográfica de meter unha gaita ou algo folkie polo medio- e que hoxe é peza de coleccionista.

E que facían finalmente? Pois isto:

Se queredes ampliar información, aquí tedes as nosas fontes:

Ghastaspista.com e a propia web dos PremiosMartinCodaxadaMusica.com

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.