Os decanos do rock feito en galego están de estrea. Os de Cerceda están a piques de apresentar o seu novo disco, o décimo da súa andaina, e ofrécennos como adianto un videoclip, "Cortina", dirixido por Paco Gallego, feito sobre o tema homónimo do novo disco, con letra de Xosé María Díaz Castro. A presentación será o vindeiro mércores 29, en Santiago de Albá, Palas de Rei.


Trátase dunha curtametraxe musical da peza “Cortina” dirixida por Paco Gallego, con letra do poeta Xosé María Díaz Castro (homenaxeado nas Letras Galegas 2014), adianto do décimo traballo discográfico da banda cercedense producido por Javier Abreu e gravado nos estudios Son da Rúa de Carballo.

CANDO?
O mércores, 29 de outubro do 2014

ONDE?

Na Aldea Arqueixal, Ecoagroturismo, en Santiago de Albá, Palas de Rei.

O lugar elixido para a presentación é este porque alí foi onde se rodou o videoclip e a súa escolla ten un valor simbólico.

A QUE HORA?
Ás 17:00 horas da tarde

Veremos a curta musical e contaremos con:

-Paco Gallego, director e guionista da curta musical.

-Alfonso Blanco Torrado, profesor, escritor e amigo personal de X. Díaz Castro

Luís Carrera, fundador de Arqueixal, Ecoagroturismo.

María Cajaraville, actriz da curta.

Juan Luís Rúa, fotógrafo

Bocixa, realizador e membro de Zënzar


Degustaremos petiscos elaborados por "O Milmañas" con produtos da aldea ecolóxicos e saudables: Caldo Pobre, Pataca rechea de horta de outono, tosta de pan de centeo, mazá e queixo, iogur con marmelada de amorodos e crocante de pan vello

{fcomments}