Queres escoller un tema do novo disco de BellónMaceiras? Pois até o 22 de marzo podes facelo, por diversas vías e participar deste xeito no novo traballo do dúo. Un disco moi especial, pois conmemora o 10º aniversario da formación. Simplemente tes que lles enviar o título, unha partitura ou mesmo unha gravación do tema que queiras que inclúan no disco...se gañas, estarás no novo disco!

En BellónMaceiras queren que participes de forma directa no seu PRÓXIMO DISCO e por iso piden que elixas unha canción para o novo cd, un traballo moi especial que conmemora o seu 10 ANIVERSARIO como dúo.

Manda o título do tema, unha partitura ou unha gravación da melodía que che gustaría que gravasen. As composicións poden ser xa coñecidas ou unha composición propia. O tema debe seguir a liña de BM: tradicional, fusión ou celta.

Envía as túas suxestións por Facebook, Twitter ou ao email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Entre todas as cancións recibidas seleccionarán o tema gañador. O nome do gañador será incluído nos títulos de crédito do novo CD e recibirá un lote de discos de BM.

(Data límite de recepción de propostas 22 de marzo)

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.