Había tempo que non actualizabamos a nosa sección de música infantil. E sinceramente, non é por falta de novas pois o mundo da música para a rapazada cada vez está máis vivo. Proba disto é a nova banda A Gramola Gominola, que propón un percorrido por distintos xéneros músicais para lles ir mostrando aos e ás máis pequenas a marabillosa diversidade musical que existe. Se tes crianzas e non queres que che toleen a cabesiña cos CantaJuegos tes que seguir lendo!!!

O pasado 28 marzo acudimos á Feira do Libro Infantil e Xuvenil  no Pazo da Cultura de Pontevedra para ver  presentación do libro-CD da nova banda A Gramola Gominola. Esta banda pensada para @s máis cativ@s está formada pola vocalista Paula Romero, o baixista Ánxelo de Xermar, o batera Ro Muñoz é o guitarrista Paco Cedeira, mais tamén en moitos dos temas Pablo Dalama dálle un toque co saxo ou a frauta, así como Xenderal coa harpa de boca. A todos estes "personaxes" podédelos ver no vídeo que vos deixo a continuación. 

Pero no libro-CD teñen máis sorpresas agochadas....  nel contan tamén coa colaboración de Mini e Mero e de Luís Tosar ás voces e de Alberto Cereijo á guitarra.
O que máis me gustou desta banda é que formulan unha boa proposta para ir metendo os pequerrechos en case todos os estilos musicais. Cómpre dicir tamén que era a primeira actuación desta banda.

PD.: Que sempre coa música p'aquí e coa música p'alá e.... esquecémonos do resto dos artistas, e xa que menciono a todos, que non quede sen nomear a ilustradora Lidia V. Cardeiro.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.