Hai cousas que non están ao alcance de todo o mundo. Hai que o asumir, non querer autoenganarse e saber as nosas limitacións. E unha desas cousas que non todo o mundo pode dar feito é a festa do décimo aniversario dos Veraneantes. Avisadx quedas. Se segues a ler este artigo e decides embarcarte na tolería que montan este sábado, falo baixo a túa enteira responsabilidade.



Para quen non os coñeza, Os Veraneantes son unha charanga festivaleira, canalla, con ampla experiencia e percorrido por festivais, bares e tabernas do país. De feito, toda a experiencia e todo o percorrido que dan 10 anos de traballo constante por e para a festa. E que se lle podía ocorrer a unha xente así para festexar o seu décimo aniversario? Pois ir de Puxeiros, en Mos, a Ribadavia parando en todos os bares, garitos e tabernas senlleiros que atopen no camiño...Unha cousa máis ou menos así:

Horario aproximado da desfeita veraneanta.
ITINERARIO VERANEANTADA SABADO 16 DE MAIO.
10.30 saida de Puxeiros
10.40 Parada en Sanguiñeda.
11.15 Bar Fortes Cans
12.00 Ponteareas (un ke hai no centro) 
12.45 Casa Telmo (Angoares, Ponteareas)
13.15 Moreira
13.50 Tascatenda (Salvaterra)
14.30 Na de Paco. (Oleiros)
15.00 comida (lugar por confirmar)
17.00 Portela (Arbo)
17.30 Luneda (A Cañiza)
18.45 A Lomba (Arbo)
20.00 Ribadavia


Se queres ir con eles, igual aínda che poden facer un oco no bus. Se non, engánchate como poidas a esta caravana tola, porque vai dar que falar!!

{fcomments}



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.