As Festas do Santiaguiño hoxe en Padrón e o programa Baiverán de Baiona mañá acollerán senllos concertos de Leilía. As compoñentes de Leilía levarán até estas dúas vilas as cancións do seu último traballo, 'ConSentimento', alén doutros temas da súa xa dilatada discografía. No país, Noia, Negreira, Ribeira e Narón tamén serán paraxes das Leilía este verán que sairán tamén, cara a Suecia, para presentar o seu novo traballo en terras escandinavas.

Hoxe venres, día 24 de xullo, Leilía levará os sons do seu último disco 'ConSentimento' á Praza de Macías en Padrón. Será ás 23:45 horas, no marco das Festas do Santiaguiño. Antes  delas actuará a Asociación Cultural Arreixeira, coa que interpretarán algún tema conxunto. A entrada será de balde. Mañá, ás 23:00h, será a Praza do Concello baionés a que acolla o concerto da formación.

As compoñentes de Leilía recalan en Padrón dentro das Festas do Santiaguiño e en Baiona para engaiolar o público co seu último traballo, 'ConSentimento',  “un espectáculo no que grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes. Ademais, as Leilía agardan con agarimo este concerto, xa que “Padrón é una localidade que sempre nos acolleu moi ben”, apuntan.

O público que se achegue o venres 24, ás 23:45, ás Festas do Santiaguiño ou mañá sábado ás 23:00 á Praza do Concello de Baiona para ver as Leilía comprobarán que 'ConSentimento' “é unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega”, explican as integrantes deste grupo de música tradicional. A primeira actuación está organizada polo Concello de Padrón e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a segunda conta coa axuda do Agadic. En ambos os casos, a entrada é de balde.

Nestes concertos poderanse escoitar melodías e sons rescatados do pasado, “que se retocan con instrumentos de hoxe e que se tecen con palabras actuais, para dar lugar a un espectáculo no que Leilía aúna respecto, coherencia e madurez”, insisten desde o grupo.

A primeira das datas, o concero de hoxe vai ser especial. Tal e como apuntan as cantareiras, “Padrón é una localidade na que nos atopamos moi agusto”, xa que dúas das súas compoñentes, Felisa Segade e Montse Rivera, son profesoras de canto e percusión tradicional e baile —respectivamente— na Asociación Cultural Arreixeira. A dita Asociación fai 25 anos en 2015 e actuará na mesma praza que Leilía, se ben antes que as cantareiras. Ademais, ambas as dúas agrupacións interpretarán algún tema en conxunto.

Despois destes dous concertos, Leilía non deixa de facer soar as súas voces e ferreñas, xa que o día 28 de xullo toman rumbo a un festival en Suecia, o 22 de agosto estarán en Negreira, o 25 de agosto en Noia o 11 de setembro en Ribeira e o 11 de outubro en Narón.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.