A cantante tocará en primicia con banda mañá venres 4 de marzo en Coruña, na Sala Garufa, estreando o novo directo con banda. Polo escenario da sala coruñesa tamén pasará ITH. , dentro da xira de presentación do seu novo disco, Forte.


MJ Pérez decide ir máis alá no seu percorrido e estrea agora un novo directo: desta vez con banda. A artista presenta o seu último disco, Guerrilleira, dun xeito máis potente e eléctrico, espremendo toda a forza dos seus temas. Estará acompañada por Diego Fiuza á guitarra (un habitual nos directos da artista), agoramase Alberto Rama á batería e Inés Mirás ao baixo (ambos compoñentes tamén do grupo Ivy Moon).

Será unha noite especial, un concerto dobre, xa que MJ compartirá escenario co grupo de rock galego ITH, que paran agora en Coruña dentro da súa xira de presentación de “Forte”, o seu novo disco. O escenario non podía ser mellor: a sala Garufa Club acollerá este evento no que a gran protagonista é a música en galego.

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.