Festicultores Troupe estrea 'Cobra', gravada en colaboración coa banda francesa Funky Style Brass. Ritmos festeiros, sons frenéticos e letras con gags de humor seguen sendo os principais trazos identificativos deste grupo. O novo tema xa soou esta fin de semana no Festival da Mocidade de Palas e no Larouco Fest e ha facelo en Boimorto ou As Pontes no mes de xullo e mais nun montonazo de lugares durante o resto do verán.

Festicultores Troupe cumpren en 2016 once anos. Tras máis de 400 espectáculos ás súas costas e anos de espallar a festicultura por países como Serbia, Polonia, Italia, Francia, España e Portugal e compartir festivais e actuacións con Manu Chao, Emis Kusturica ou Macaco, atópanse agora mesmo coas enerxías máis cargadas ca nunca e preparados para afrontar este verán de festivais por todo o país. É imposible non contaxiarse do seu ambiente festivo e catártico, onde a xente participe activamente coa súa música e os seus gags de humor.

Para celebrar todos estes anos sobre os escenarios, ofrécennos a todos e todas nós unha nova canción, ‘Cobra’,gravada coa colaboración da internacional Funky Style Brass, e que fará bailar e choutar sen fin ao público de gran parte dos festivais galegos deste verán. O tema xa se atopa dispoñible en diversas plataformas online, coma Spotify, Deezer ou Youtube.

Festicultores Troupe está formado por: Gustavo Agasi (bateria), Anxo Sanchez Regueiro (baixista), Tonichi (guitarra), Paco Cerdeira (guitarra), Iago Salláns (trompeta), Martín Nogueira (trompeta), Emilio Oro (cantante e teclado) e Javier Rodriguez Pulleiro (técnico de son).

Datas de concertos dos Festicultores verán 2016

25 de Xuño: Santo Estevo do Ermo, (Barreiros) Festival Augas Santas

8 de Xullo: Festa da Mocidade Palas de Reis

9 de Xullo: Festival Larouco Fest en Baltar

16 de Xullo: Boimorto

24 de Xullo: Festa do Carme e a Fraga en As Pontes

30 de Xullo: por anunciar

31 de Xullo: por anunciar

5 de Agosto: Festa do Emigrante Val do Dubra

12 de Agosto: Festival Why not here Fest en Foz

14 de Agosto: Festival Castelo Rock

20 de Agosto: Feria Medieval Cervo

25, 26, 27, 28 de Agosto: Festival 3 Culturas Frigiliana (Malaga)

30 de Agosto: Festa da Empanada de Chantada

10 de Setembro: Festimar en Marín

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.