No pasado mes de xullo de 2016 Kin García publicou Xingra coma a area, disco que segue a liña de traballos anteriores e mantén o formato trío, xunto a Jacobo de Miguel no piano e Noli Torres na batería. A súa música

Kin García é un dos mais representativos contrabaixistas da escena do jazz galego e a world-music cunha longa traxectoria nacional e internacional e que ten colaborado con músicos da talla de Jorge Pardo, Mathew Simons, Tom Guyon, Tom Harret, Billy Pierce, John Smith, Tony Lazan, Dulce Pontes, Uxía, Berrogüeto, Rodrigo Romaní, Capercaillie, Talabarte, Joao Afonso, Filipa Pais, Nani García, Gabriel Evens, Alberto Conde, Walter White, Steve Brown… Xunto a estos últimos chegou a estar prenominado aos premios Grammy por Atlantic Bridge, disco gravado en New York no 2009. Actualmente compaxina a docencia como profesor do Conservatorio Superior de Música daCoruña na especialidade de jazz, coa súa carreira personal como intérprete.

“Xingra coma a area”, con Jacobo de Miguel ao piano, e o batería Noli Torres, é o seu último proxecto discográfico e discorre na misma liña dos anteriores traballos cun estilo ben definido (European Jazz Concept) sendo unha música que recrea paisaxes autobiográficas e que percorre, a través de sete intensos temas, lugares e momentos que quedaron impregnados na memoria do autor.

Misela é un dos temas pertencentes ao novo disco

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.