COMUNICADO OFICIAL POLA SUSPENSIÓN DO EVENTO
Lamentamos informarvos que a Festa da Chuvia 19 que ía celebrarse o próximo 4 de maio finalmente non se levará a cabo.
Por motivos internos da asociación que organiza o evento e despois dunha longa reflexión decidimos parar a maquinaria. Pechamos unha etapa moi bonita e que levaremos con moito carinho sempre con nós pero é a hora de elaborar proxectos novos.
Queremos agradecer ás persoas involucradas na Chuvia todo o seu trabalho durante estes anos, e o mesmo con vós.
En canto á devolución das entradas, mirade o voso correo electrónico todas as persoas que comprásedes vía online e se tedes algunha dúbida aquí estamos.
Unha vez máis grazas pola comprensión e desculpade as molestias.