Comezamos con ilusión a nosa andanza con Matrioskas!un tecido de historias e melodías nas que as mulleres serán as protagonistas. Alá imos Marta e mais eu nunha primeira fin de semana de ruta con dúas preestreas para quentar as gorxas e plasmar as nosas primeiras imaxes deste espectáculo. Mañá ás 22h estaremos no espazo íntimo e acolledor de La Semilla, en Cotobade, e o sábado vos invitamos a achegarvos ó Auditorio de Mos. E de aquí cara adiante...isto xa comezou a andar!