MJ Pérez chega por primeira vez a Laxe para presentar o seu último disco "Casandra". Esta é unha das principais paradas dentro da súa xira deste 2018, onde compartirá este novo traballo acompañada por Ailén Kendelman (Violín e Percusións).
"Casandra" é o primeiro álbum de estudio da artista arzuá, no que tamén é partícipe a súa banda e colaboracións espaciáis entre as que se atopa o artista da costa da morte SERJ ou a propia Ailén Kendelman. Unha fusión de diferentes estilos que amosa unha clara evolución na música de MJ.
Sen dúbida, unha noite para non perder e descubrir todo o que MJ nos ten preparado!
Será o Venres 16 de Marzo, ás 23:30h, Sala A Ventana.
E para ir abrindo boca... https://youtu.be/qiBD9TvdX9w