Mamá Cabra
Que bonita é a vida! Chea de cores, de sons, de risas… A vida póusase nas nosas meixelas polas mañás e decide quedarse e viaxar a carón de nós. Mais esta é a historia dun rapaz que non sinte cóxegas nas fazulas e decide deixar de soñar. Sen embargo a música, o amor e a amizade faranlle volver a quecer as meixelas e devolveranlle unha alegría que todos acabarán celebrando cunha gran festa. Mamá Cabra preséntanos un novo espectáculo en formato músico-teatral que é un canto á vida e a todas as súas manifestacións. Con el conseguirá seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.
Xa non falta nada! Este domingo, 18 de marzo ás 12h00, presentamos 'A FESTA CONTINÚA' no Teatro Colón A Coruña. Para este novo traballo contamos cun equipo de luxo, enriquecendo o espectáculo con novos matices. Mirade quen somos
Elenco Musical Gloria Mosquera Roel (voz e guitarra), Tomi López(baixo), Harry Prince ( violín), Javier Constenla ( piano), Iago Rodríguez(batería).
Elenco Teatral Teatro Ghazafelhos (Pepablo Patinho Penya, Montse Piñón e Jorge Casas Caneiro), Maria Pardo Rodriguez e Luchi Iglesias.
Un novo espectáculo no que faremos un percorrido polas mellores cancións. Unha proposta diferente coa que intentamos seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos
da xente miúda. Desexando vernos!
Máis información bit.ly/2HCxRcL