O vindeiro sabado 27 de abril de 2019 a partir das 19.30 horas terá lugar en Vigo a VI Edición do Memorial Henrique Otero "O Mar na obra do Gaiteiro do Fragoso", organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Radio Galega. Concretamente celebrarase no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. (Rúa Manuel Olivié, 23 – O Castro – Vigo)
Os grupos participantes nesta edición do Memorial son:
A SENEIRA BAIONA
AGRUPACIÓN FOLKLÓRICA BREOGÁN DE MOAÑA
BANDA DE GAITAS RAIGAMES
CONSERVATORIO DE TORROSO - MOS
CORO GALEGO DO C.C. ABRENTE DE MOS
MOAÑESA DE MÚSICA E DANZA - PENAVEIRA
NOITAREGA
OS CARUNCHOS
OS TERRIBLES DE DONAS
Henrique Otero Covelo, O Gaiteiro do Fragoso, como el mesmo quería que o lembrasen, foi un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia, en particular en Vigo e a súa comarca. Foi un dos mellores expoñentes da tradición gaitística galega, figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano, pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.
Son moitos os méritos que habería que recoñecerlle a este gran gaiteiro, pero sen dúbida, o que maior pegada deixou para o futuro foi o de conseguir que foran recoñecidos, por primeira vez na historia, os estudos oficiais de gaita galega polo MEC no ano 1977.
Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s gustarianos contar coa vosa presencia neste Memorial, esperámosvos a tod@s o vinderio día 27!!