Os Zenzar sacan novo traballo, nun disco cheo de amighas, onde se achegan a sons máis próximos aos seus inicios. O traballo saíu á luz en plena pandemia.
Gravado entre decembro do 2019 e xaneiro do 2020 na Nave 17, das mans de Roi Gil conta co deseño grafico da que tamén é baixista da banda, Laura Romero, artífice de Musicas Galegas Ilustradas.
Benvidas ó futuro sae en formato cd con 10 cortes novos, algún xa coñecido nos seu directos coma Maruxa, é unha nova adaptación de A culpa foi de Leño que xunto con Samurai queren ser unha homenaxe ao gran Tabe que fora o baixista da banda. Pero tamén sae unha edición especial en formato USB na que están os once cortes deste ultimo traballo en formato MP3 e WAP e ademais unha recopilación de 32 temazos que van percorrendo gran parte do tempo dos Padriños, dende a Maqueta Fascinados polo prohibido do 1995 até Camiñando entre serpes do 2015 entran neste pequeno gran percorrido da historia dunhas das bandas galegas mais lonxevas do país.
Zenzar ao vivo no Armadiña Rock 2018. Foto: Xabicas para Armadiña Rock
Somos criminais abre este novo traballo que nos leva por unha viaxe onde percorre un xeito de ser coma galegos ou o duro que é ter unha banda sempre na estrada comendo e durmindo mal, -pero que non nolo quiten- como explican en Historias do Rock´N´Roll. Samurai é a peza que máis emocións esperta, adicada especialmente a unha das almas da banda e que hai un par de anos que nos deixou, O grande Tabe, que de seguro aínda estará a tocar o baixo aló no inferno no bar do Broncas entre as estrelas. En Todo se extingue, acompañados de Zeltia, fálannos da desfeita que coma seres humanos estamos a facer no noso medio, enumerando moitas das das especies xa desaparecidas. Mercaderes da morte é unha canción contra as minas contaminantes que escravizan e arruínan os pobos, moi de actualidade polos intentos de facer da nosa terra unha gran explotación mineira.
Abusei, acampañados de Juankar, fálanos do moitos que ás veces abusamos e seguemos a abusar, dos vicios das que nos rodean. Fomos o futuro, e agora o presente e en nada o pasado, pero non fomos quen de explicarlles aos máis novos de onde viñamos, non sacamos tempo para facer a revolución. Standing Rock, canción da loita de onte e de hoxe, onte foi nas Encrobas agora é en Standig Rock. Os Cortes 9 e 10, Intro e Maruxa, canción do Reverendo, un Zenzar máis, onde o propio Reverendo fai a intro, adicada as Mulleres loitadoras “Muller labregha, Muller gherreira”. Pecha o disco unha nova adaptación de A culpa foi de Leño, onde unha chea de amighas acompañan para voltar cantar este clasico dentro de repertorio dos padriños.
No disco tamén estan acompañados por Miguel Duarte un habitual, Manuel Silveira, un Zenzar, Roi Gil que ademais é o Tecnico, Úrsula Prego, Saínza Bocixa, Carlos Caramelo, Peter Brea, Anxo Silveira, Manolito Buyo, que berran cos padriños en A Culpa foi de Leño pero que ademais creceron nos seus ensaios e son parte da tribu Zenzar. Demostra o amplia que é a tribu toda esa xente que sempre está presente na vida, discos da banda, onde tamén aparecen nomes que contribuiron con achegas verbas e ideas, Mini Rivas, Ramiro Vidal, Emma Pedreira e Laura Rey, Manuel Macou, Ramón Yoshimura, Jackie López, Juan Luis Rúa, ou Carlos Blanco e Touriñan, Ivan Bernárdez, Eria Pedreira e moitas máis que van sementando veighas das que Zenzar sempre recolle.
Standing Rock é o segundo videoclip do disco