Samu ACaracán, acompañado coma sempre dos Tinta Femia, vén de publicar novo disco. Nostalxias é unha compilación dos temas en galego que leva tocando 10 anos pola súa bisbarra, O Morrazo, e arredores. Agora mesmo está inmerso nunha xira de presentación en acústico do disco, que o levou hai uns días até o Aturuxo de Bueu. Neste artigo, o Xabicas fálanos desta estrea do Samu.

O morracense Samu saca traballo, Nostalxias. Nostalxias é unha recompilación das súas mellores composicións en galego, algunha delas xa publicadas en anteriores traballos do cantautor, como o que sacou no 2016 no Toxo Rabudo. 16 cortes, divididos en dúas partes: a primeira electrica acompañado do bateria e baixo dos Tinta Femia (Biktor e Fran) e unha segunda en acústico na que tira de violín, coros e acordeón (Tatiana, Eva e Xesús).

Samu con algúns dos colaboradores do disco na presentación no Aturuxo. FOTO: Xabicas

Samu ACaracán leva dende o 2010 compoñendo e tocando en diversos actos da comarca. Gañou o concurso da Radio Galega Novo Son, gravou un tema cos Ezetaerre no Aspiración mínimas e urxentes e agora vén de gravar o seu primeiro disco e está a presentalo en formato acústico. O derradeiro domingo do 2019 acudiu ao Auturuxo de Bueu, nunha sesión vermú ben animada e concurrida, na que deu boa conta dos temas que conforman Nostalxias. 

Neste seu novo disco -ou recompilatorio- xunta pezas sobre o cotiá da vida nas aldeas en clave retranqueira na parte eléctrica con outras máis serias na parte acústica, onde aborda a memoria histórica: Valeiro de soños, Memoria e dignidade, Os vencidos ou Foucellas, onde musica un poema de Andrés Pena. Tamén se inclúen nesta parte acústica o tema adicado ao noso amigo e compañeiro Xan Montenegro, Camiños (poema de Sebastián Hermo), ou unha Nana para un ninguén  que lles canta ás persoas refuxiadas que escapan da miseria e das guerras provocadas polo primeiro mundo.

Na parte eléctrica na que fala da vida cotiá, con temas como a Cicloxénese , tema recurrente cando non se sabe que falar co veciño, ou Nostalxias na que  parece que tempos pasados sempre foron mellores, onde o tempo separa as cuadrillas da infancia. Alboio aquel piso de estudante, nun barrio obreiro, que  se convertía no teu refuxio a pesares das malas condicións. Puro Veleno adicado a aquelas historias míticas da noite das aldeas. No corte 5 Pedras contra outros tellados achéganos a historia das lingoreteiras e lingoreteiros da aldea, que nunca pensan que as pedras poden vir devoltas. Narcomuiñeira é un dos temas que máis engancha o público nos directos: se na túa aldea non queda farlopa é que esta toda na Escola Naval. Relaxin cup crítica o despiporre e corruptela nos partidos politicos. Señora , outro dos temas que nos saca un sorriso e recordanos tantas, que se nos colan na cola do súper, na cola do pan... quen non sabe disto? Jodechinchos Go Home , sabemos de que fala, non precisa explicacións. Berramos ben alto, Jodechinchos Go Home!

TEXTO E FOTOS: Xabicas

 

Vindeiros concertos

788765201_1050225604479312_4663605817616440584_n.jpg }12 Out 2026
Concertos do marisco
O Grove
827509898_18126535393868833_4614253433653912513_n.jpg }04 Out 2026
San Froilán
Lugo
Captura-de-pantalla-2026-10-07-a-las-15.09.55.png }12 Out 2026
07:30PM -
VI Memorial Irmáns Flores
Praza do Calvario - O Calvario, O Rosal (O Rosal)
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }14 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
829967532_17975859075129618_962089406725050682_n.jpg }16 Out 2026
Tonhito de Poi
Ocean Rock Bar - Vigo
821223494_3443122332527631_2737291816677584176_n.jpg }16 Out 2026
VIII Nos Seus Pés
Praza do Corgo - O Grove
799755352_122288618450015711_3394418237901902229_n.jpg }16 Out 2026
XI Muinhada de Vimianzo
Vimianzo
836333662_1110479271705422_8066417261108706878_n.jpg }16 Out 2026
XXV Feira Histórica 1900
Arteixo
825278739_1037624982610093_2960408248257433883_n.jpg }16 Out 2026
09:00PM -
XIV Foliada Popular
Local da SIR La Devesana - Devesos (Ortigueira)
828343120_18429435592197656_7508647484675682273_n.jpg }16 Out 2026
10:00PM -
The Lelli Kelly´s + 800 Gondomar + Dj Gramola
O Adro - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.