Grupo de Hip Hop de Ponteareas, formado por O Nervo e Rustiko, mcs, e DJ Rapu nunha primeira etapa que comezou no 2005. Con esta formación, e despois de sacar unha maqueta, no 2102 publicaron A Sorpresa. 15 temas de rap de corte clásico, de letras afiadas, rapeadas xa só polo Nervo, sobre unha base de bombo e caixa. Samplers e scratch da man de Dj Rapu.
O disco é unha mostra perfecta seu rap, onde o protagonismo recae nunhas letras cunha fonda carga de crítica ao sistema que padecemos, como queda patente nunhas letras que falan ás claras da situación actual e dos seus culpábeis. Síntese a carraxe por momentos, acarón dos scratchs, ultimamente pouco presentes no rap máis comercial pero tamén con peso no traballo desta banda.
Despois dun parón, Rebeliom do Inframundo -nome que lle puxeron ao lugar onde quedaban en Ponteareas- volveu con formación anovada e coa súa base de operación trasladada a Vigo. Os novos membros, alén do Nervo, son Malvares de Moscoso, antigo membro da banda de rap galega Os Trasnos de Moscoso, o mc vigués Frank, pertencente ao colectivo "Verso Libre", un novo produtor musical Movementss e o mando dos pratos un novo DJ, Ichi. Eles son os responsábeis de Lume e Rebeliom, tirado no 2016, sen dúbida o traballo que colocou o grupo entre o máis destacado do hip-hop nacional e que lles permitiu converterse nuns fixos dos grandes festivais galegos do verán.
No Ourenrock 2017 foron un dos mellores grupos da noite
A comezos de 2019 sae o seu novo LP, Ilegal, autoeditado xunto á produtora viguesa Galunk Producións, o grupo entraría nunha nova etapa como banda, coa inclusión de Movementss nos seus directos e o cambio de DJ. entrando Dj.Pol a formar parte da formación oficial do grupo. O novo traballo contou con producións de Frank, Baghira, J.CNNR, Beatbusta e Movementss, así como a colaboración vocal da banda valenciana Mafalda. En 2021 publicaron un pequeno EP, Luminarias.
Tras a pandemia, continuaron a xirar o traballo do 19, rematando a xira de Iegal no Muralla de Son da Bandeira, en outubro do 2022. Nese outono resultaron tamén gañadores do Premio Martín Códax na categoría de Músicas Urbanas.
Ao vivo, no Revenidas 2019
ESCOITA REBELIOM DO INFRAMUNDO
Ilegal (2019)
Lume e Rebeliom (2016)
Accede ás descargas de Rebeliom do Inframundo