A Orquestra Bravú Xangai apresentou o seu disco de estre, Os saxofóns de occidente, o pasado 2 de marzo de 2024 no Garufa Club da Coruña. E non foi unha presentación calquera, foi unha festa vigocoruñenta, vella idea do Xurxo Souto de irmanamento das dúas grandes cidades do país. Ademais da banda que presentaba o disco, os Vacalouras de Teis puxeron a contraparte sureña da xornada. E o ramo veu coa presentación do videoclip do Gato, canción incluída no disco da Xangai. Feito por xente desta web, o Martín Rodas á dirección e Dani Lavesedo guión, o clip conta a verdadeira historia do Ghato de Vilariño.

Dicimos que foi no Garufa, mais a verdade é que a festa comezou na Buserana, despois de encher o bandullo con mexillón de Lorbé, cun pasarrúas que foi guiando o público deica á sala. Unha sala Garufa chea a rebentar con máis de 200 persoas que non deixaron de bailar con ningún dos dous grupos.

Nós xa sabiamos do directo dos Vacalouras pero para moitos foi unha sorpresa a potencia dos de Teis. Despois, apoteose coa Xangai e entre grupo e grupo a presentación do clip que Martín Rodas e Lavesedo lles fixeron aos da Coruña.

Botádelle un ollo ao vídeo-resumo que armamos:

E tamén ao clip:

Vindeiros concertos

644570328_1419611992961678_5716167522020721688_n.jpg }24 Xul 2026
42 Festival Intercéltico do Morrazo
Moaña
746909343_1972001656781471_772066784898700608_n.jpg }22 Xul 2026
Apóstolo 2026
Santiago de Compostela
753663618_18441748894193518_4593060451265242323_n.jpg }24 Xul 2026
Festas de Santiago de Sargadelos
Sargadelos (Cervo)
749665296_1045464268240000_6836047754851507265_n.jpg }23 Xul 2026
Festas de Taragoña
Campo Maneiro - Taragoña (Rianxo)
726471190_1674603897793625_6730633299888492747_n.jpg }24 Xul 2026
Festigal
Campus Vida - Santiago de Compostela
720341463_1410732387758523_7749903795420061414_n.jpg }24 Xul 2026
IX Romaxe Viquinga
O Vicedo
753707502_1614833696486963_1719652198767550154_n.jpg }22 Xul 2026
Son do Mar
Meaño
730628634_1297496682589851_8490332913847867951_n.jpg }22 Xul 2026
V Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional
Contorna do Palco da Música - Moaña
717186372_18005704769919363_4402572850153631031_n.jpg }24 Xul 2026
Vendaval Fest
Ribadeo
749041989_1055358886932808_2437708826686137190_n.jpg }24 Xul 2026
XIX Festival Folk Celta
Ponte da Barca (Portugal)