O vindeiro 6 de marzo, "O meu primeiro Celso Emilio" visita o Teatro Colón. Trátase dunha das últimas oportunidades de gozar deste espectáculo que naceu en forma de libro-disco editado por Xerais e que agora está a percorrer Galicia cunha gala na que os temas interpretados por Mini e Mero, María Manuela e Xiana Lastra se combinan con pequenas pezas audiovisuais sobre a vida e obra do autor de Celanova.


Co gallo da celebración do centenario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro, Edicións Xerais editou o libro-CD O meu primeiro Celso Emilio. Este proxecto, baixo a dirección e a edición de Xiana e Xosé Lastra, conta coas ilustracións de María Manuela e pretende facilitar un achegamento á figura do poeta mediante unha breve biografía e antoloxía da súa obra, e grazas ás versións musicadas dalgúns dos seus poemas, que se recollen no CD nas voces de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra, acompañadas instrumentalmente por Xurxo Varela, Nani García, Nuria Lestegás, Roberto Grandal, Pepe Do Pico, Simón García e Manuel Dopico.
Esta parte musical é a que se interpreta nos concertos en directo que se veñen desenvolvendo, constituíndo un espectáculo dunha hora de duración, no que se interpretan as pezas do disco introducidas por breves vídeos sobre Celso Emilio.



Vindeiros concertos

811304409_2294471158032466_5850236406160331118_n.jpg }25 Out 2026
A Pedreira + Beautify Junkyards
Teatro Colón - A Coruña
828392525_1507169507838680_1591961306741483531_n.jpg }25 Out 2026
Anxo Araújo
Krazzy Kray! - Cambados
834360154_1753198923476594_7467849745056626010_n.jpg }25 Out 2026
10:00AM -
VII O Son da Gaita
Pazo Besada - Poio
825292512_1403439681947818_5337116742516565110_n.jpg }25 Out 2026
12:00PM -
Mercado de Artesanía e Produto Local
A Arca da Noe - Vilar de Santos
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }25 Out 2026
07:00PM -
As Darbukas Dacolá
O Adro - Cangas
825328425_1849953423408606_2192198202431545320_n.jpg }25 Out 2026
08:00PM -
Sumrrá
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
839157800_18348525814268419_3961946061528077243_n.jpg }28 Out 2026
10:00PM -
Banda das Crechas
Casa das Crechas - Santiago de Compostela
703131652_18531464947075076_602153652775660309_n.jpg }30 Out 2026
XXI Castañazo Rock
Chantada
830436858_1724598499675369_1681460389390176096_n.jpg }30 Out 2026
06:00PM -
Pakolas
Biblioteca Municipal - Ordes
825325247_17888000316682326_1337381658359308050_n.jpg }30 Out 2026
10:00PM -
Lacón sin Jrelos + Satenta + Youcanthide
O Adro - Cangas