Estivemos na presentación do seu último disco, no Mesón do Bento, cando aínda non botaramos a andar na rede. Seguímolos por algún concerto da xira e agora fomos celebrar con eles os 25 anos de carreira. Así foi como vivimos a presentación do Disco Tributo a Zënzar o pasado venres 8 de marzo na Capitol. Fotos de Xabicas e LetyGF no interior.

O 8 de marzo pegámonos un novo paseíño até Compostela, coma case sempre á sala Capitol.  A cita merecíao, presentábase Vai polos padriños! Homenaxe os 25 anos dos Zënzar, cun concerto da propia banda e inda por riba acompañados de Machina e Invivo. Así que alá fomos cargados de camaras de todo tipo! En non moito tempo, poderedes non só ver un anaco (iso xa o podedes facer hoxe aquí mesmo), se non tamén escoitar o que alí aconteceu.

Sobre as oito e media,  desde Cerceda, viñan abrir o aniversario a banda de metal alternativo Machina.  Os que non os coñezades podedes descargar os seus discos na nosa web, na zona de descargas. Tocaron entre outros os temas Fodida vocación, Manolo Cazolo, Esperanza,  Apandar ou Pola boca morre o peixe. Invitaron a compartir escenario con eles a Xenderal, non fose quedar sen subir ninguén da vila. Para rematar escolleron Cada un ao seu, do último disco. Máis deberon esquencer a maqueta na casa ou quen sabe se é que non lles convence para algunhas ocasións...


Os que seguiron para encher o oco que deixaron os Machina, -que nin tiveron que saír da súa cidade para a ocasión-, foron Invivo e vaia se o encheron, o metal e o hardcore encheron a sala. Nesta ocasión o cantante, Mario, pediu axuda a algúns compañeiros, o primeiro en achegarse xunta eles foi Tito de Desequilibrio Mental, que seguia "Por sempre" co "Dogma", mentres os guitarras e o baixo non paraban estáticos un só momento. Comezamos a dúbidar se o tributo era a Invivo e non a Zënzar...porque pasaron a botar unha man como cantantes Dani de K-Raxe en Éxodo e Nada que perder, Martín de Machina en Tuneladores e Paco e Bocixa de Zënzar en 1940 e Pensamento.

Pero por se todo este desfile de artistas galegos fora pouco, co plato forte iamos alucinar, veña sube un, sube outro, baixa un... e así todo o concerto, que non vos extrañe se me queda algún atrás!

A sala a estas alturas xa se atopaba chea e a banda escolleu comezar soa, con Todo vai ben e ese tema que tod@s sabemos (ainda que non saibamos de quen é) de A Per Loca, O padriño. Con Atake masivo xa levaban aguantado demasiado tempo sós...así que Silveira subiu para acompañalos a guitarra uns cantos temiñas. Din que teñen unha casa no cementerio, pero dan as grazas as bandas que gravaron o CD tributo, así que contaremos con celebrar o 50 aniversario, non haberá máis que repetir a sorpresa e non terán excusa.  Comeza o desfile: Pablo da Lama (ao saxo e a frauta) e Xenderal suben a cantarlle a Forza da palabra e O galego. Cando eles marchan sobe Vituco de Ruxe Ruxe, non fose ser que se sentisen un pouco sós... Despois falando da tribo, uníronse  para pegarlle a percusión David Bolaño e Arón Ulloa, pero estes debían estar ben agusto que ainda quedaron un bo anaco. Non sei se a banda acostuma a quedar con José M. Ares  para xogar A Billarda, pero non esquenceron invitalo coa súa gaita. Uns marchaban, outros quedaban, outros reaparecian... e de repente! Os Zénzar sós de novo. Vaise armar, O reverendo e en Tiven un bar ( o bar é para estar cos amigo non?) pois amiga nova acompaña no escenario. Lydia Botana, que así como deixa o micro colle o acordeón, ainda que algúns pensen que é unha maquina de escribir...ten que haber de todo...


E xa cando a banda invita a que todos os colaboradores suban o esceario pensas....esto "cheira mal"....e si, (aínda que non fose pra ese tema, que ese viu despois correndo antes de que a sala nos cortase a billa) cheiraba mal! o concerto chegaba a súa fin, así que o escenario encheuse de artistas a rebosar que pedían axuda ao "Doutor". Non teño nin idea de canto aguantaron estes veteranos enriba do escenario, pero un par de horiñas ou máis non llelas quita ninguén, así que nada, a seguir dando guerra!!!

Moitos parabéns Manolo, Bocixa, Mario, Paco e Tabe! A cumprir moitos anos máis enriba dos palcos!

Fotos de Lety GF do concerto:

{artsexylightbox picasaUser="paulafergon"picasaAlbum="TributoaZenzar_Capitol_08demarzode2013_FotosLetyGF"}{/artsexylightbox}

Fotos de Xabicas do concerto:

{artsexylightbox picasaUser="paulafergon" picasaAlbum="TributoaZenzar_Capitol_08demarzode2013_FotosXabicas"}{/artsexylightbox}

Texto: Lety GF

Fotos: Lety GF e Xabicas

{fcomments}

Vindeiros concertos

679193403_1391226686384701_2339561418563834496_n.jpg }30 Abr 2026
26º Pampallín
Praza de Galicia - Outes
682839600_18103362179493151_2214499021029470659_n.jpg }01 Mai 2026
Festa da Xuventude da Ponte Ulla
A Ponte Ulla (Vedra)
673956261_1251545983821420_3081834981962470201_n.jpg }01 Mai 2026
Portonovo Gastronómico
Portonovo, Adina (Sanxenxo)
616199202_10162321036120913_6913004246934330996_n.jpg }01 Mai 2026
Troneira Fest
Campo da Torre - Pontevedra
674254567_1415045733995442_7837628195274713169_n.jpg }01 Mai 2026
XXXIII Feira do Viño de Vilachá
Vilachá (A Pobra do Brollón)
658982086_1553295299979519_5273056036184037261_n.jpg }01 Mai 2026
12:00PM -
V Feira do Disco de Ferror Records
Centro Cívico de Canido - Ferrol
683646411_978270538055540_6841457591023277779_n.jpg }01 Mai 2026
12:00PM -
Os Carricantos
Mondoñedo
673865387_1552668050049530_8272632411917935566_n.jpg }01 Mai 2026
01:00PM -
Pequerachada da Baña
Área Recreativa Agra de Chans - A Baña
679693779_1401408012021174_77311365909958300_n.jpg }01 Mai 2026
01:30PM -
Loita Amada
CS Artábria - Ferrol
680225385_1366871228809562_7423443100452811744_n.jpg }01 Mai 2026
05:30PM -
XXXVIII Día da Muiñeira
Praza 8 de Marzo - Cee