O pasado xoves santo (por iso de que as vacacións son sagradas, non por ningún santo) vimos na nosa axenda que tocaban K-Raxe e Xenderal así que aproveitando que nos cadraba medio de paso, aló fomos! Achégamonos ata A Laracha, ao Pub D´Antón para ollar este concerto. Fotos, vídeos e crónica no interior do artigo.

Como é habitual -non só neste local, se non en todas as salas- o concerto deu comezo con algo máis de media hora de retraso respecto ao cartaz. O día que a alguén lle dea por comezar a hora, os siaeiros van perder medio concerto!!!

Encargábase de abrir o concerto o veciño de Cerceda (ou Cochikeira, como dí nos seus temas) Xenderal. Non se pode dicir que a de Antón estivese ata os topes como hai uns meses cando fomos ver os Zënzar, pero tampouco nos imos queixar! Aínda que o principio a xente estaba como cortada, o ragga deste rapaz foi obtendo resposta do público. Polo menos nos estribillos, que tampouco é moco de pavo aprender unha das súas cancións enteiras! Entre o repertorio, as primeiras cancións que cantarexou están "Coida deles" ou "Traficantes de mentiras". E entre as últimas "Xuízo final" e "Tírame da lingua" entre problemas de son de última hora. Problemas que non se repetiron despois na súa colaboración con K-Raxe nos temas "Metamorfose" e "Control do mal".
Correndo detrás viñeron os K-Raxe, estes non só veñen de Cerceda, senón tamén de Carballo, para dar algo máis de tralla, na súa web http://www.k-raxe.com/ podedes descargarvos algún tema se non os coñecedes. A banda de metal galego comezou o espectaculo con "Síndrome", "Poder" e "Teatro máxico". Por certo, visto que estas bandas do norte da Galiza non son moi (nalgúns casos nada) coñecidas no sur, informarvos que andedes ao loro que moi pronto se han de pasar polo Morrazo (Bar 2 de Maio, Aldán) e quen sabe se máis para diante tamén por Vigo e Baiona. Despois deste inciso seguimos co repertorio destes catro metaleiros agresivos (musicalmente falando, non vaiamos confundirnos). "Quero saber", "Non podes" ou "Bourando" tamén soaron. Hai que deixar ben claro que non só meten leña a batería (Diego) e a guitarra (Suso), se non que coa palabra tamén o fan con Dani á fronte e Angel ao baixo. E, como a palabra é unha ferramenta moi importante, usana na nosa lingua para queixarse e criticar aspectos da sociedade que nos rodea. E xa chegaba a fin, que xa pasaban das dúas da madrugada. Para poñer o peche final escolleron as cancións "Erguete" e "Negro".

Vídeos do concerto

Xenderal en solitario

Un tema gravado na proba de son de K-raxe


K-raxe con Xenderal

Todas as fotos

{artsexylightbox picasaUser="paulafergon"picasaAlbum="Kraxe_Xenderal_pubDanton_28marzo2013_FotosLetyGF"}{/artsexylightbox}

FOTOS, VÍDEOS e CRÓNICA: Lety GF

{fcomments}

Vindeiros concertos

671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
624076770_17986133090933036_9170625095021733609_n.jpg }08 Mai 2026
Bestas
Sala Urania - Ferrol
625359261_18342640423237107_8185224847302903640_n.jpg }08 Mai 2026
Fillas de Cassandra
Recinto Feiral - Pontevedra
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }08 Mai 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala Capitol - Santiago de Compostela
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)