O vindeiro venres 19 de abril GZmúsica TV emitirá un programa especial dedicado á Festa de Aniversario que celebramos o pasado sábado no Salason de Cangas. Poderedes ver o concerto que Zënzar e O Sonoro Maxín nos regalaron ao cento de persoas que nos reunimos aló. Aquí vos deixamos a crónica totalmente imparcial e a promo do programa desta sexta feira.

Foi bonito. Pasámolo moi ben. Algúns mellor ca outros, pois até o día da festa Martín, Xián, Adrián e Berto -aka Borneira Audiovisual- ou o Xabicas traballaron a eito, e cremos que todas as persoas que se achegaron até o Salaron tamén gozaron cos concertazos de Zënzar e O Sonoro Maxín.

Tratábase diso, en definitiva. De pasar unha boa noite arredor da música do país, para festexarmos tod@s o primeiro ano de vida de GZmúsica. Malia a premura de tempo marcada pola política cultural galega e estatal, -non é outra cousa-, que impón todos os atrancos para o normal desenvolvemento das manifestacións culturais do país e nos quer converter en consumidores de cultura importada. Podían aprender dos británicos.

Porén, a limitación de tempo fixo que as dúas bandas comprimisen os seus repertorios, -para se axustaren á hora e moi pouco da que dispuñan-, e o resultado foi sorprendente. É certo que tod@s, bandas e público, quedamos con ganas de un bocadiño máis pero os dous concertos, na miña opinión, quedan entre os mellores que lles teño visto ás dúas bandas. Zënzar pagou o pato decibélico e abriu a noite, moi cedo, non eran nin as dez da noite, e coa sala aínda a medio encher. Mais contan con argumentos para se adaptar e remataron quentando o Salason, xa coas máis de cen persoas que asistiron no interior da sala, na metade final do seu concerto. Díxoo un integrante do Sonoro Maxín: -Que ben soan e que clase teñen!

Enfrontar unha banda con 25 anos de traxectoria a un concerto de 70 minutos implica unha sucesión de temas moi coñecidos e, grazas á raiba que manteñen Zënzar e mais ás colaboracións que engaden frescura, o percorrido foi impresionante. Levan tempo soando moi ben e ademais as achegas de Ares á gaita, Lydia no acordeón e voz ou Xenderal rapeando acomódanse cada vez mellor.

E despois O Sonoro Maxín saíu no momento xusto a facer o concerto preciso. A xente aceptou o troco do rock pola cumbia e a Galiza tropical que fora quecendo cos Zënzar estoupou de vez. Bailamos, suamos e tamén chimpamos coa sempre poderosa traca final do Sonoro, que rematou cun Likor do negro café que todo o mundo cantou. Igual ca o Cheira mal co que acabou Zënzar. Festa e reivindicación. Aínda que desta volta, especialmente na picada de música galega posterior no Guerrilla Rock Rap Bar, houbo máis da primeira.

Este venres poderedes ver en Vía TV e en streamming os dous concertos en GZmúsica TV. Teoricamente ás 24h, iremos informando no Facebook e no Twitter da hora precisa. E o luns 22 subirémolo á rede.

Deixámosvos a promo!

Texto: lavesedo

Fotos: Xabicas

Podes velas todas na súa Páxina de Facebook.

Video: Borneira Audiovisual

{fcomments}

Vindeiros concertos

729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
773186249_1811060946977365_8979404130184395708_n.jpg }24 Set 2026
Compostela Urban Fest
Campus Vida - Santiago de Compostela
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
767130823_37587126890932161_805627178590826609_n.jpg }25 Set 2026
Festiblas 14
Club Clavicémbalo - Lugo
784119368_1507223348114024_4281827792949270714_n.jpg }23 Set 2026
Festival da Maré
Santiago de Compostela
729736789_1707565100190759_4225820741163368637_n.jpg }18 Set 2026
Somos Música
Pontevedra
811303792_1058595770146237_2618456850666685060_n.jpg }25 Set 2026
XXXIV Rock in Cambre
Campo da Feira - Cambre