Seguimos a subir crónicas do Reperkusión 2013 na nosa web. Malia o mal sabor de boca que levamos despois de certas controvertidas decisións da organización, -tickets de venres sen validez para sábado, caos e descontrol na entrada por mor dos cacheos, etc.-, e de que nos reiteren unha e outra vez que o que nós ollamos non pasou, continuamos a ofrecer a nosa visión dos artistas que pasaron polo festival ourensán. Iso si, sabemos que a organización do Reper saberá valorar as críticas e tentará mellorar as cousas o vindeiro ano, para seguir a ser unha cita senlleira do calendario festivaleiro do país. Aquí, crónica e fotos da actuación de Muguruza o venres feitas  por Paulinha e Xabicas.

Fermín Muguruza en Bemposta, preto da casa, algo imposible de obviar. Achegueime desexosa e impaciente. Agardaba unha proposta diferente e abofé que a atopei, ou non!!!

Comezou en hora. A cousa empezou soando rara, non tan ben como debería. A súa voz, moi alta, soaba moi por riba dos instrumentos que, por outra banda, non eran tocados pola súa banda de sempre. Comezou por temas do Inkomunikazioa que, como adoita acontecer, evidenciaron aínda máis as súas coñecidas carencias vocais. O drum’n’bass non é punk e unha voz tan limitada coma a súa non pode permitirse erros tales.

A xente, unhas dúas mil persoas non máis, non entraba no concerto que máis ben semellaba algo secundario que che non facía abandonar conversas para embeberte do que se daba no escenario. Comezou animarse cando os temas do Euskal Herria Jamaika Clash e do Dub Manifest empezaron a sucederse. O público seguiu medrando en euforia e foi entón cando se mesturaron temas de Negu e Kortatu, e mesmo de Zuloak, que remataron coa apoteose do Gora Herria. A xente, que destilou tranquilidade até a metade do concerto, berrou e botou embebida por acordes que dunha ou doutra maneira formaban parte da súa vida. La línea del Frente, Etxera ou Sarri, sarri foron, como non podía ser doutro xeito, as máis aplaudidas e coreadas.

Non foi o mellor concerto dos que eu lle ollara en solitario e que, nin de lonxe, nada tiveran que ver co último concerto de Negu en Donostia, a inesquecible vitoria da banda sobre Galindo celebrada con 15.000 persoas. Seguramente nese concerto non se lle tería ocorrido soltar a perla que soltou en Ourense cando fixo referencia ao Viña Rock e á cantidade de xente que se concentrara alí no seu concerto a semana anterior, moi superior á que se congregou en Bemposta como el mesmo dixo. <retranca>Normal hijo, estabas en la capital! </retranca> non me amoles...

Foi a partir de aí, dese simple comentario, cando pensei que en Fermín a estética está podendo coa ética. Unha cuestión que de seguro non lle importaría nada aos grandes autores vangardistas que defenderon unha arte liberada de calquera obriga social, e que eu coidaba tan lonxe deste irundarra. Mais non é así, e ademais das grandes campañas tamén hai que coidar os detalles. Despois dun bo número de concertos seus en Galicia, en ningún deles o escoitei falar galego máis alá do Galiza ceibe. É normal, é vasco e en castelán entendémonos. Pois non, a min jódeme... En Cataluña, esfórzase, en Italia esfórzase e en máis lugares tamén. Aquí non, pois ben entón non me vendas a túa ética-estética a berros dende o Kurdistán acompañado de gardacostas. A ética en esencia non acompaña e eu quedo con iso.


TEXTO: paulinha fg

FOTOS: xabicas

{fcomments}

Vindeiros concertos

713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
729149024_1460520216095145_2109934177387387202_n.jpg }25 Xun 2026
09:30PM -
Esmorga
Brisa Chiringo - Cesantes (Redondela)
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo
722407883_18340218256223674_4120563451539872621_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Foliada Seisporoito
Praza García Barbón - Verín
713123644_1599015228897946_4464592367139630243_n.jpg }26 Xun 2026
09:30PM -
Anxo Araújo
Anfiteatro do Paseo Fluvial - Arteixo