A banda andaluza Red Soul Community visitou O Morrazo hai uns días. Fomos ollalos até o Aturuxo de Bueu e prestáronnos tanto que lles fixemos unha crónica do concerto. Con ela comezamos unha nova sección na web, na que de cando en vez iremos subindo crónicas de grupos foráneos que pasen polo país. Fotos, vídeos e crónica de Lety GF no interior.

A pasada fin de semana vendo o paradiño que estaba o panorama de espectáculos musicais pola comarca morracense, decidin tirar de internete, e din coa solución! A web do aturuxo! Un grupo que viña dende Andalucía e dicían facer bossreggae, rocksteady e calypso...esta era a miña!
Así que o domingo 19 de maio alá fomos. Viramos cara ao outro lado da península do Morrazo despois da gravación do noso programa de TV. Achegámonos a ver estes granadinos. Para os que non os coñezades  Red Soul Community nacen no caluroso veran do 2005. Os fundadores de Los Dingos deciden rematar esa etapa e comezar renovados un novo proxecto. Nese ano sonaba o tema Moon Hop de Derrick Morgan sobre un plato de vinilo na cidade de Granada. Aos pocos minutos nacía o primeiro tema de Red Soul Community. No primeiro ano de vida, orientáronse á construción de boas cancións e mais a definir un estilo propio. Un encerro creativo que deu como resultado a súa primeira demo de nome homónimo. Cinco anos despois, cando xa acompañaran nos escenarios a Mr Symarip e Chris Murray, participaran en numerosos festivais e percorreran parte de Europa, nace o seu primeiro LP "What are you doing?". Mais desta vez, os granadinos achegábanse a Galiza para presentar o seu novo disco "I never learn" .
Voltando o q iamos... o concerto na sala Aturuxo de Bueu. Case, case, unindo as probas de son co concerto, a banda comeza a tocar para unha sala con máis ben poucos asistentes, pero entre os que se atopaba ata algún que se achegou dende Compostela. Mais a pesar de non ser moitos os que alí nos atopabamos, si se respiraba un moi bo ambiente.  Á parte dos temas "I ain´t ready", "Say you care", "The day has come" e "Anymore" que podedes atopar nos vídeos que vos trouxemos. Tamén nos amosaron outros como "Addicted", "Spanish bombs", "What are you doing?", "I never learn" (podedes escoitalo un pouco máis embaixo, mentres vedes as fotos) e ata unha versión do coñecido "These Boots Are Made for Walkin' " que cantaba Nancy Sinatra e tantas veces reinterpretado.
Se cabe destacar algo da banda, a parte do ben que soan non só en disco se non tamén en directo (o son dos vídeos que vos trouxemos non lles fai xustiza), é a graza do teclista Carlos Dingo para facer máis ameno calquera imprevisto, como pode ser o cambio dunha corda dunha guitarra que racha a medio concerto, o bo rollo que transmite Nano Díaz dende a súa batería, os coros cos que acompañan Fede Castro e a súa guitarra, a expresividade de Labase Martínez, que semella estar conectado coas notas que saen do seu baixo e a estupenda voz de Isabel García, non vou dicir que é a de Pauline Black, pero dende logo tampouco ten que envidiarlle, sobre todo no directo.  Alegroume ter ido a este concerto, e sobre todo dar cunha voz principal femenina á fronte da banda, posto que non son moitos (máis ben pouquiños de todo) os grupos na escea do rocksteady, ska,two tone ou calypso que teñan voces femininas levando o temón.
Se queredes velos por estes lares teredes que esperar a que editen un novo disco, posto que é cando deciden xirar por todo o territorio do estado para dalo a coñecer, ou contratalos para algún festival. Xa que pode ser que polo ben que comemos na Galiza, ou pola sorpresa que pode ser ver neve no mes de maio (e mais tendo en conta que veñen do sur), pero queren voltar por estas terras.

Se queres, coas iconas dos recantos superiores da presentación de fotos, podes escoitar o tema que da nome o último disco da banda e/ou ver as fotos en pantalla completa. E se non vos chegan estas fotos, botádelle unha ollada no Facebook do noso fotografo favorito, Xabicas, que están moito mellor!


Aquí tedes tamén algún vídeo:

Texto, vídeo e fotos: Lety GF
{fcomments}

Vindeiros concertos

641378721_1506342738165281_9067810172005490710_n.jpg }04 Mar 2026
08:00PM -
Cultura contra a Barbarie. Gala Solidaria por Palestina
Teatro Principal - Pontevedra
632177127_1379968937479942_2125393337963153476_n.jpg }05 Mar 2026
08:30PM -
Antía Muíño
Teatro Principal - Santiago de Compostela
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }06 Mar 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala La Laut - Barcelona (Catalunya)
642168590_1428467095737886_2000836906980015684_n.jpg }06 Mar 2026
11:30PM -
Verter GZ
Pub Gatos - Melide
615727998_17999470853850735_794645154515654386_n.jpg }07 Mar 2026
III Foliada de Primavera Axeigada
Rábade
633126445_883585844416429_7442801489562461681_n.jpg }07 Mar 2026
IX Cantos de Taberna de Quiroga
Casa da Cultura - Quiroga
623036181_18341562343234570_5534474561794490359_n.jpg }07 Mar 2026
XIII Concurso de Bandas Rock in Río Tea
JJ Copas - Ponteareas
591721122_1310172101124975_8154179540736719474_n.jpg }07 Mar 2026
07:30PM -
Luar na Lubre
Centro Cultural Ceina - Santiago de Chile (Chile)
637755196_1308053671359700_6692966093268370496_n.jpg }07 Mar 2026
07:30PM -
VI Cantos de Taberna de Baralla
Baralla
641323777_1485874386874085_3314484454692670386_n.jpg }07 Mar 2026
08:00PM -
O Son da Rebullón
Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.