Apenas unhas horas antes de lles prender lume as cacharelas de San Xoán, A Tuna Rastafari subía de novo a un escenario cangueiro, despois de dous anos de parón. Fixérano un par de días antes, o xoves 20 de xuño, en Vigo. Moi bo concerto, contaban os que alí estiveran, mais a cousa "seria" era a daquela noite. Máis de 2.000 persoas ateigaban o recinto das Naves de Ojea, desexosos de asistir ao retorno dunha das bandas máis populares do Morrazo. GZmúsica estivo tamén alí.

Respirábase un ambiente un chisco estraño aquela noite en Cangas. Había pouca calor e a xente andaba brava. Quizais para escorrentar o frío. O retorno da Tuna Rastafari finalmente se inserira no concerto de clausura do Directo Xove, concurso de bandas noveis da vila que leva anos a se celebrar, e as condicións de son e luz non eran desde logo as mellores. Nin para os concertos das bandas finalistas, Satxa na Leira, Jit! e Pery y Pekas, nin desde logo para A Tuna. Porén, uns e outros pasaron con entusiasmo e/ou calidade por riba dos atrancos para nos deixar unha boa noite de música.

Os protagonistas da noite saíron ao escenario despois do hip hop de Pery y Pekas e do rock clásico de Jit! Media hora antes da hora anunciada, centos de persoas comezaron a se achegar até o recinto, multiplicando por catro o número de espectadores. E con bastantes máis de dous milleiros enchendo o recinto das Naves de Ojea, apareceu A Tuna. Ao primeiro semellaron desconcertadamente serios. O peso dos milleiros de ollos expectantes, a incomodidade dun escenario sen apenas luz, con un son pésimo por monitores, uníanse á tensión do retorno. Mais a medida que o concerto pasaba, unha outra sensación ía estendéndose entre o público. Esta Tuna formal, malia non converter nun aquelarre o seu directo, soaba moi ben. A entrada de músicos da calidade e experiencia de Anxo Graña ou Gabi, os novos ventos, etc. marcan unha diferenza coa anterior etapa. Reequilíbranse a vertente punk e a académica, pero tampouco excesivamente, pois a anarquía aínda latexa na alma da Tuna, como demostraron na parte final do concerto, onde ensarillaron un atrás do outro todos os seus grandes éxitos.

Houbo quen dixo que fora un concerto que sorprendera moito e ben aos que non eran moi fans da Tuna e que podía ter deixado un pouco insatisfeita a algunha das máis seareiras. Nós quedamos con escoitar milleiros de gorxas a cantar a canción do Gato ao dereito, tal e como a escribira Manuel da Ponte, e co potencial evidente que segue a atesourar unha banda que, se bota a andar de vez e presenta un novo traballo na liña do seu disco de estrea, pode rematar por se converter nun referente no país. 

A próxima parada será en Aldán, a finais deste mes de xullo. De novo na casa, con todo o bo e o malo que isto implica, mais de certo cunhas condicións moito mellores enriba do escenario.

Pero para poder xulgar, botádelle unha ollada a estes petiscos que vos traemos en vídeo:

Aquí quedan unhas fotos, de non moi boa calidade por mor da impericia do fotógrafo ocasional e da falla de luz.

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="TunaRastafari"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Texto e fotos: Lavesedo

Vídeo: Paulinha FG

{fcomments}

Vindeiros concertos

671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
624076770_17986133090933036_9170625095021733609_n.jpg }08 Mai 2026
Bestas
Sala Urania - Ferrol
625359261_18342640423237107_8185224847302903640_n.jpg }08 Mai 2026
Fillas de Cassandra
Recinto Feiral - Pontevedra
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }08 Mai 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala Capitol - Santiago de Compostela
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)