O pasado venres 12 de xuño cruzamos o país de sul a norte para nos achegar até o Momento Coruñento, xuntanza argallada no Club do Mar de San Amaro arredor do concerto de Trapallada, Os Diplomáticos e Bastards on Parade. O mellor do rock coruñés xunto nunha xornada emotiva. Camisolas do Dépor, polbo do Fiúza e cántigas a San Amaro e Monte-Alto. Na Coruña de rachí nunha noite máxica.

Chegamos xustiños para tomarlle unha de polbo no Fiúza e entrarmos para ver os Trapallada. Abriron aínda de día e con pouca xente, -era sexta-feira e case hora de estar no traballo-, mais acabaron coa pista de Club do Mar practicamente chea e cos incondicionais cantando os seus temas de ska combativo.

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="trapallada"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

En rematando os primeiros, tocoulles a quenda aos Diplomáticos de Monte Alto. Entre apertas con amizades, bicos a señoras maiores e fotos con cativiños, os membros da histórica formación coruñenta foron indo cara ao escenario. Respirábase un aquel de noite histórica, -era apenas a segunda vez que tocaban na cidade desde que decidiron "reaparecer" fugazmente-, e a emoción chegaba tanto aos veteráns que tentaban pasar desapercibidos na retagarda coma á mocidade das primeiras fileiras. E certamente, as verbas salferidas de emoción e coa grandilocuencia habitual do Souto axudaban a agrandar a catarse colectiva. Apuntábanolo un gaiteiro, -que ademais o coñece ben-, antes de comezar: Fala co Xurxo aquí en San Amaro, pódeche contar a historia de cada pedra deste mar, de cada casa, de cada reviravolta dun camiño. Así foi transcorrendo o concerto, cun público entregado cantando de comezo a fin cada tema e bailando sen acougo. Porén, e malia a festa colectiva, aos Diplomáticos nótaselles o tempo de inactividade e por veces a cousa renxeu un bocado. Mais cando a ledicia alaga o peito, esas cousas son pataca miúda.

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="diplomaticosnomc"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

Despois, e tamén con menos público, pois moita xente decidiu marchar cando remataron os de Monte Alto, foi o momento dos Bastards. Persoalmente, non podo negar que son un grupo que me gusta moito, pero ademais neste Momento Coruñento a banda de celtic punk deu un dos mellores concertos que lles teño visto. Quizais foi por estar na casa, quizais polas comodidades dun backstage de luxo e sofás de coiro. Probablemente, polas moitas horas de ensaio e de escenario que levan. O conto é que deron un concerto espectacular, cheo de potencia, sen baixar o pistón nin un minuto e con moitísima complicidade cos e coas que bailabamos no torreiro.

{artsexylightbox picasaUser="108444696226697831003" picasaAlbum="bastardsnomc"carousel="true" carousel_visible="4"}{/artsexylightbox}

E máis nada. Derradeira ollada á Torre antes de coller o coche de volta e dúas horas de estrada até O Morrazo, co corazón unha migalla máis coruñento que canto saímos en ruta.

Texto, fotos e vídeo: Lavesedo

{fcomments}


Vindeiros concertos

640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
641791257_17939052840161356_6215762591327674775_n.jpg }08 Mai 2026
Bruón Folk Fest
Centro Recreativo - Artes (Ribeira)
648838773_938196485352005_2917009838572000580_n.jpg }09 Mai 2026
Cantos de Taberna de Ribadeo
Ribadeo
672343228_18585365911054151_5161304420448621041_n.jpg }08 Mai 2026
Feira do 48-ADIADA
Praza Maior - Lugo
679477162_1418879523616057_1583364787428128597_n.jpg }08 Mai 2026
Pulso I Festival de Jazz das Pontes
Auditorio Cine Alovi - As Pontes
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)
686894331_122240650844268434_3297587963740256101_n.jpg }08 Mai 2026
XVIII Festa da Brincadeira
Bouzas (Vigo)
674283864_1346831577475892_4750641388000855558_n.jpg }08 Mai 2026
XXVIII Festa da Troita
Sigüeiro, Oroso (Oroso)
686325104_18068241050678005_1062840670586115475_n.jpg }08 Mai 2026
XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón
Pantón
682902702_1279911024316148_1418662949733395471_n.jpg }08 Mai 2026
XXXIX Festa do Choco
Redondela