O García Mc anda por Chiapas. Non é a primeira vez que o membro de DKTC visita a Selva Lacandona e de alí trouxo -alén de amizades e músicas como a de Lengua Alerta- o compromiso coa loita dos pobos indíxenas e do EZLN. Unha loita que pode semellar afastada de nós, e por moitos motivos, mais que no fondo é a única que existe. A d@s de abaixo contra os de arriba. Abaixo e a esquerda, aló sitúase de sempre o Mc de Ordes e desde ese mesmo lugar fixo esta crónica. Crónica apresurada dun concerto no patio da prisión, San Cristóbal de las Casas, Chiapas, México.


Si, si, caixón, dúas guitarras, acordeón e o contrabaixo tamén puido pasar, si. Visitamos o preso organizado Alejandro Díaz Santis, un indíxena tzotzil que leva 14 anos e 8 meses en prisión. Agora xa pode falar algo de castilla, cando o condenaron non puido defenderse, as persoas indíxenas en México sofren case sempre xuízos ateigados de irregularidades, sen intérpretes, ou con intérpretes noutras linguas orixinarias ás do acusado como é o caso, sen garantías xurídicas na defensa.  Ser indíxena e non ter cartos o que si garante é que non se respecten os dereitos nun estado tremendamente abusivo cos pobos orixinarios. Tódolos seus compañeiros do colectivo de presos “Solidarios La Voz del Amate” xa lograron a súa liberdade, o último foi Alberto Patishtán. Saíron froito da loita incesante dentro e fora da prisión, todos eles son adherentes a Sexta Declaración da Selva Lacandona do EZLN.

Aínda que pareza surrealista, conseguimos meter tódolos instrumentos que vos dicía na prisión, pasando tódolos controis. Recibíronnos os compas e situámonos no patio da prisión a banda de músicos franceses e un mexicano, un alemán, outra mexicana e máis eu. E a música comezou a soar da man destes tolos con moita actitude e un aire aos primeiros Mano Negra, comezaron a chegar máis e máis presos (ao principio con miradas de alucine) e nun momento dado fun reclamado para lanzar proclamas en forma de Rap. Acordamos un par de acordes e velocidade rítmica en apenas 20 segundos e voilá, a palabra xa estaba na miña man e lanzáronse as líricas rebeldes coas respectivas proclamas anticarcerarias ou en favor da liberdade e a xustiza, falando de que no mundo que anhelamos non existen as prisións.

Ao pouco dirixímonos a un espazo cunha mesa e unhas cadeiras onde Alejandro comezou a narrarnos a súa situación e a de tantos outros presos que non cometeron os delitos que se lles imputaron. Ou que non tiveron as garantías necesarias nos seus xuízos. Falamos de moitas cousas... por exemplo do imposible acceso á saúde si non tes recursos económicos, das mortes baixo custodia... falounos do frío que pasan... e foi como sempre, impactante estar alí dentro e ver quen padece a prisión: os excluídos sociais de sempre. Vimos o hacinamento e que algúns presos dormen no chan. E percibimos unha inmensa alegría co balón de osixeno que supoñen as visitas para estes compas presos. Faleille bastante tamén a Alejandro da inxusta realidade na nosa terra e dos nosos presos políticos e en definitiva de un sistema carcerario profundamente inxusto no estado español. Cuestionando de base o control e o castigo desproporcionado como ferramenta de superación ou reparación de conflitos, non resoltos, coas súas raíces case sempre en lóxicas de clase(s) social.

Soaban os chifres dos gardas sen parar indicando o horario do remate da visita e ninguén se movía. Diciámoslles e diciámonos non estamos sós, apertas poderosísimas, apertóns de mans tremendamente humanos, palabras e miradas lindas, liberdade polos catro costados nese intre, e volveu a soar a música á saída de xeito espontáneo e absolutamente rebelde, entre chifres e unha megafonía que todos ignoramos por completo. Nos primeiros acordes fomos rodeados pola maior parte dos presos xa preto da saída e esbourou todo! O baile, as risas, a emoción desbordante, os berros de “el rap también!” e os chistes, como: “quédense diez años más, compas!” entre gargalladas, soaba unha canción tras outra, sen que abrisen o círculo, o baile dos ninguneados non cesaba, os berros de tribo primeira non paraban.

Antes de irnos Alejandro agasallounos con unha artesanía a cada un das que fan eles, nun símbolo de dignidade de non dubidar en desprenderse de algo que simboliza algo tan humano como indescritible.

Sentímonos todos tan libres neses minutos de euforia colectiva que semellaba que non había muros, por un intre só.


Liberdade, liberdade, liberdade!


Serxio Regos “García” (Fuga Em Rede). Chiapas, México, 2014.

{fcomments}

Vindeiros concertos

671647126_1529400112523121_245636148477317500_n.jpg }05 Mai 2026
09:30PM -
Vadzim Yukhnevich e Giuliano Parisi
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
645790230_1542328411230550_6126441407160916991_n.jpg }07 Mai 2026
Agora Guerrilla
Borriquita de Belém - Santiago de Compostela
626278513_18344101579237107_7652831850050692149_n.jpg }07 Mai 2026
Antía Muíño
Avalon Café - Zamora (España)
640144733_1661328505309044_6448672353842505295_n.jpg }06 Mai 2026
10º Facela Fest
Lugo
624076770_17986133090933036_9170625095021733609_n.jpg }08 Mai 2026
Bestas
Sala Urania - Ferrol
625359261_18342640423237107_8185224847302903640_n.jpg }08 Mai 2026
Fillas de Cassandra
Recinto Feiral - Pontevedra
586678226_18334925893237107_7538853319763282673_n.jpg }08 Mai 2026
Rebeliom do Inframundo
Sala Capitol - Santiago de Compostela
662492807_4399302883652043_3346349509056976048_n.jpg }08 Mai 2026
Sementeira e Música
Área Recreativa do Muíño da Ponte - Corzáns (Salvaterra de Miño)