O pasado sábado 18 de xaneiro, o Aturuxo acolleu un dos concertos da xira de presentación de 'Nas tardes escuras', o último traballo de Narf Trío. Electricidade e rock para os versos de Rosalía de Castro, nun cóctel arriscado que remata deixando un gusto exquisito no padal. Crónica, vídeo e fotos da actuación de Narf Trío en Bueu.

Achegámonos até o Aturuxo xa de tarde. Ter crianças dáche unha perspectiva distinta do que é un concerto. Na Galiza é impensable que un grupo actúe ás 7 ou ás 8 da tarde e as probas de son convértense moitas veces na única oportunidade para os nenos gozaren coa música ao vivo. Desde logo, hai propostas dirixidas especialmente á rapazada, coma Mamá Cabra, Pablo Díaz, traballos de Magín Blanco ou Sérgio Tannus, que buscan enganchar coa calidade e permítenlles ás pequenas descubrir o que é a música, lonxe de clixés idiotizantes e simplóns. Porén, experiencias coma o concerto infantil do Sonoro Maxín no Auriense hai ano e pico apuntan que tamén certa música de maiores pode triunfar entre a rapazada.

E o rock descarnado do Narf Trío, até contra prognóstico, é desa música da que -tamén- gustan as crianças. Comprobámolo esa tarde no heteroxéneo Aturuxo. Un grupo numeroso de mulleres calcetaba e parolaba, impertérritas diante do rebulir de músicos e técnicos, nun fogo cruzado entre escenario e mesa de son que as collía xusto no medio. Ao pé do escenario, tres cativos acobados nas táboas do escenario non perdían detalle do quefacer dos músicos. Ollaban como pisaban os pedais, identificaban sons, aprendían ao tempo que ficaban enmeigados coa propia música.

Coa boa sensación das probas, volvimos á noite co devezo dunha noite senlleira. Chegamos no segundo tema, co trío aínda apenas amosando as poutas. Porén, o público que enchía o Aturuxo semellaba xa atrapado no concerto, agardando o que estaba por vir. E o que veu foi unha proposta de rock sen eufemismos nin máis concesións que as jazzísticas que impuña a escola de baixo e batería. Nun in crescendo calculado, Narf foi poñéndolles a unha ducia de textos rosalianos uns aires roqueiros que lles acaeron sorprendentemente ben. O risco de se achegar á obra de Rosalía e non tirar dela nada orixinal ou cando menos interesante é grande. Porén, o Narf Trío é quen de poñer a súa música á altura dos textos musicados. Pode parecer moito falar, mais a calidade individual que os recoñecidos LAR Egido, Ho Chi Min e Narf posúen e a óptima maneira en que a saben facer confluír no directo do trío, permite facer a afirmación.

Fotos de Xabicas. Se queres ver máis fotos do concerto, podes facelo no seu Facebook

Entre descarga e descarga, a voz acougada do Narf mantiña a conexión creada pola música co público, dialogando, gozando tamén enriba do escenario. Malia a intensidade, fíxosenos curto a tod@s e nos bises levamos de agasallo o 'Quero ser tambor' nunha versionaza memorable. Podedes vela, así como algún outro extracto do concerto, neste vídeo: 

Fotos: Xabicas

Vídeo e texto: lavesedo

{fcomments}



Vindeiros concertos

713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
729149024_1460520216095145_2109934177387387202_n.jpg }25 Xun 2026
09:30PM -
Esmorga
Brisa Chiringo - Cesantes (Redondela)
713344868_1301792668746729_7324791010434624983_n.jpg }25 Xun 2026
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
712429099_17978966949041555_4653578501519693229_n.jpg }26 Xun 2026
IV Perla Mural Fest
Fene
717216102_18360253201237107_7782880981298174567_n.jpg }26 Xun 2026
X Fisterra Experience
Fisterra
727497576_1440025754838127_8851835332231972680_n.jpg }26 Xun 2026
XXXVII Galiziako Eguna
Gasteiz, Araba (Euskal Herria)
728572704_1050167691259547_4562811107141874779_n.jpg }26 Xun 2026
07:00PM -
Festival Fin de Curso Son das Ferriñas
Auditorio Colexio Carmelitas - Vigo
722910126_27605088499178768_6276005039635756355_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Abiñadoira
Praza Pascual Veiga - Sanxenxo
722407883_18340218256223674_4120563451539872621_n.jpg }26 Xun 2026
09:00PM -
Foliada Seisporoito
Praza García Barbón - Verín
713123644_1599015228897946_4464592367139630243_n.jpg }26 Xun 2026
09:30PM -
Anxo Araújo
Anfiteatro do Paseo Fluvial - Arteixo